Depois de catro meses e medio fora, voltei para facer unha visita a Lisboa. Vin amigos, fun a festas e cenas e disfrutei moito. Pero tamén lembrei. Lembrei os momentos bos e maus, apáticos e vibrantes, sinxelos ou complexos, rutinarios...
Lisboa quedárase con moitas das sensacións, cos ecos dos momentos e do tempo que estiven a vivir alí. Cada cidade ten o seu ritmo e a súa vida. O ritmo de Lisboa é peculiar. Foi un findesemana intenso. Por tódalas cousas que fixen (paseino moi ben) e por tódalas cousas que lembrei. Algunhas, cun pouco de nostalxia. Será iso que os portugueses chaman "saudade"...
Photo uploaded at 5:32 PM
Hola amigo! Te gusta jugar? Entra a http://www.pepijuegos.com