Outro aniño máis :)
3/2/09
E deuseme por poñer a mesma foto que o ano pasado, non por recordar tempos pasados senón por non esquecer quen fun e poder ser o mellor eu posible.
Sei que este ano o meu día de nacemento semella insignificante ó lado da resolución política tomada onte polos galegos, onde demostramos que o goberno bipartito non conseguíu manter o crédito depositado neles. Por unha parte alédome e pola outra non. Faime feliz saber que partidos ilusionantes como o Bloque (que sen embargo a moitos coma min nos desilusionou coa súa xestion) reciben un toque de castigo para que volvan ós seus orixes e resurxan encarnados na defensa fiel e lexítima dos galegos; mentres que o PSOE debería aprender que por moito que o intente, polo dagora Galiza (por moito que nos pese a algúns) segue a ser de dereitas).
En canto ao partido vencedor, o que resulta un dubiduso honor, espero que loite polo ben da nosa terra e das nosas xentes, no canto de centrarse en desmantelar os escasos avances logrados nos catro anos previos ó seu retorno ao poder. Para iso desexolles moitos ánimos e sorte, esperando tamén que a oposición se mostre seria e respecte a decisión da maoiria de nós, as gelegas e os galegos, (por moi tópico e demagogo que sone poñer ás mulleres primeiro, non deixa de ser verdade, polo menos para min, porque unhas poucas delas danme moitos dos ánimos que me axudan a seguir sendo quen son).
En canto a min espero seguir avanzando no meu sendeiro vital como veño facendo dun tempo a esta parte, levando os meus valores e as minhas ilusións moi lonxe. Porque creo que a vida é unha oportunidade para todolos os que vivimos, e sería un enorme desprezo para os que non gozan dunha situación tan boa coma a nosa non aproveitar esa oportunidad para intentar mellora-lo mundo.
Un enorme bico a todos, e moitas grazas, de corazón.
Felices 19 primooooooo!!! Como ves te felicito por todas partes... xD! Q pases un día súper especial y ya sabes, celébralo como solo lo sabemos hacer los Neira!!! =)
1 besiño!