Please log in to cast your vote for sinsalaudio.
Título:
Konono Nº1 no Festival SINSAL7
Leyenda:
Lugar: Centro Cultural Caixanova de Vigo Data: Sábado, 20 de xuño Hora: 22.00h
Entrada: 15, 12 ou 10 euros
As entradas poden adquirirse por anticipado na billeteira electrónica de Caixanova
(www.caixanova.es) e no teléfono 902 504 500, ou no propio teatro durante día do
concerto. A comunidade universitario de Vigo e os estudantes teñen un desconto do
50%.
KONONO No. 1 Iniciado hai 25 anos por Mingiedi, un virtuoso do likembé ou piano
de polgar, instrumento tradicional do seu país, o proxecto Konono No. 1 deixa de
lado os tópicos da música africana -tambores contundentes e delicadas koras-
para espallar unha proposta singular: con métodos puramente artesanais,
empregando ferralla ou mesmo precaria tecnoloxía colonial, como os altofalantes
que usaban os belgas para difundiren a súa propaganda, electrifican os sons da
etnia bazombo para producir un son inverosímil, saturado e distorsionado. O que
empezara coma un xeito de combater o infernal ruído das rúas de Kinshasa é hoxe
un espectáculo que conta coa beizón da crítica especializada, como as revistas
Wire ou Mojo, e dos medios xeneralistas máis influíntes, caso do New York Times
ou The Guardian. Os artífices de Konono No. 1 veñen dunha rexión estremeira
entre Congo e Angola. O seu repertorio prende na música ancestral, pero a partir
da improvisada amplificación, e case dun xeito
involuntario, a súa sonoridade enfía un camiño distinto que a emparenta coas
propostas electrónicas e experimentais que se facturan en Europa ou nos EUA.
"Congotronics", o seu primeiro álbum de estudio, gravouno e produciuno Vincent
Kenis, un gran coñecedor da música congolesa e responsábel do son, entre outros, de
Zap Mama, Taraf de Haïdouks e Koçani Orkestar. Publicado en 2005 polo selo Crammed,
foi un éxito inmediato e colocou aos Konono Nº 1 no foco de moitos músicos de
vangarda, entre eles a islandesa Björk, para a que gravaron un tema en 2008.
www.myspace.com/konononr1 | www.crammed.be/konono
http://www.elpais.com/articulo/cultura/ritmo/africano/arrincona/baile/digital/Sonar/elpepucul/20090619elpepicul_4/Tes
http://www.abc.es/20090618/cultura-musica/sonar-busca-ritmo-perdido-200906182152.html
http://www.publico.es/culturas/233043/ultimo/rey/techno
http://www.xornal.com/artigo/2009/06/18/cultura/malos-tempos-lirica-africana/2009061800330557044.html
http://abretedeorellas.blogspot.com