close

Member Login

Username:
Password:
Forgot your password?

ruxe-ruxe-ruxe-ruxe-ruxe-ruxe-ruxe

ruxeruxe's Recent Photos

  • 11/21/08

  • 11/20/08

  • 11/17/08

  • 11/14/08

  • 11/12/08

  • 11/10/08

More

ruxeruxe's photo from 10/10/08
  • 10/10/08
  • Camera: Not specified

vai polos LUSCO-FUSCO

... pois esta é unha foto do sábado pasado en vilaxoán ... alí fíxose un concerto de bandas que están comezando e no medio de todas elas tocaron LUSCO-FUSCO ...

... e agora cóntovos un contiño:

... un día de fai uns anos foron os ruxe-ruxe a tocar ao festival das revenidas en vilaxoán ... e pola tarde, despois das probas de son alá se foron todos os ruxe a facer o que mellor saben facer nesta vida que é xogar ao fútebol coma deuses, alí sacamos a nósa pelota de nivea, puxemos as nosas lorzas ao aire e cos pés espidos comezamos a facer arte coa pelota como en nós e coa nósa condición de cracks é habitual ... ... entón como eramos poucos apareceron uns rapazolos pola praia de vilaxoán e botáronnos un pique, cousa que obviamente aceptamos con grande confianza na vitoria e coa nósa tamén habitual creida superioridade futbolística ... e daquela comezou o partido, a primeira xogada marabillosa, con corte de xán na defensa, carreira pola banda de jimmi, centro que vituco recolle e co tacón, de primeira, envía cara a cachola de zapa que saca un estratosférico, fermoso e elegante cabezazo que sae a excasos centímetros do pau dereito dos de vilaxoán, naquel caso non era un pau que era unha chancla … e nós mirámonos e con grande sorriso e, obviamente, pouca humildade dixémonos “ímoslles meter quince” …

…pois ben, aquela primeira xogada tan so foi un espellismo e de aí en adiante prefiro non comentar máis nada sobre aquel nefasto partido, ... agás a mala sorte, o puto árbitro, que non estabamos ao cen por cen, algunha lesión mal curada, comidas que sentaron mal, malas noites, un pouco de descoido dos entrenos e un maldito, puto e fodido mal de ollo que alguén nos botou para que perderamos aquel partido por tan cruel goleada …

………………………………………..

Ben … pois aqueles rapazolos que nos ganaron aquel día, teñen agora, uns anos máis tarde, unha banda de rock que se chama LUSCO-FUSCO e que está comezando nesto da música … e o outro día cando tocaron no concerto invitaron a Vituco a que subise a cantar unha peza con eles … cousa que aconteceu como ben podedes ver na foto …

……………………………………….

Despois de velos o outro día estamos seguros de que LUSCO-FUSCO en nada tamén nos gañaran por goleada nesto da música …

Foi unha grande emoción e unha grande honra que nos convidarades a colaborar con vós e tamén o poder escoitar as vosas cancións e as versións de “neve” e “comercial” que moito nos prestaron e moito solaz nos derón …

MOITAS GRAZAS AMIGHIÑOS … (pero ollo!! o do futebol non está esquecido, tamos entrenando e agardamos poder devolvervos a palleira o antes posible …)

VAI POLOS LUSCO-FUSCO DE VILAXOAN ¡!!!!!! dos ruxe-ruxe ao completo ¡!!

Guestbook Comments (11)

de verdade moitas grazas tios!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Estou contentisimo e ainda non mo creo q os ruxe nos dedicaran o fotolog jajaja, e ainda mais q vituco estivera canando con nos!!!!!!!, todo un soño.


Moitas grazas rapaces e esperamos con ansia ese encontro jejeje




Coidadevos moito, sondes os mellores












ARRIBA RUXE-RUXE
















Diego*

Boas A todos ¡¡¡¡¡¡



Moitisimas grazas x esta dedicatoria non sabedes ben a ilusion k nos fai,





k o mellor grupo da galiza se dirixa a nos con tan grandes palabras






sondes os MELLORES¡¡¡¡¡¡¡¡¡ en maiusculas






e a Vituco unha gran aperta, de parte do cantante graciñas graciñas






Decirvos k estamos en xornada intensiva de adestramento






para non levar tanta palleira¡¡¡¡¡¡¡¡xdxd





graciñas a todos x esta tan fermosa actualización







de parte de LUSCO-FUSCO ¡¡¡¡QUE VIVA O ROCK AND ROLL¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
















bY ----------------------k@rR@L-------------------------------

haberá que escoitar ós Lusco-Fusco...

deika!

Mañana sabado 11 de octubre concierto en la sala zona (Bueu) 23:00h
SKULL DOG + COCKNEY REJECTS + POSTMORTEN
Entrada anticipada 17€ Taquilla 20€
PD
Esta sera la unica actuacion por estas fechas de la banda Cockney rejects en toda la peninsula, la actuacion de los cockney
rejets.
horarios de actuacion:
23:00h - SKULL DOG
00:00h - COCKNEY REJECTS
01:20h - POSTMORTEN

http://es.youtube.com/watch?v=s-hLxX8NJio

http://es.youtube.com/watch?v=ruEkTEl4Rm8&feature=related

Isto é unha grande honra para nós.

Que o mellor grupo de rock da Galiza diga tal de nós.

Que Vituco subira ó escenario a cantar foi algo fantástico, eu ata parei de tocar para darlle a man xD.

Grazas polos ánimos que sempre veñen ben. A ver se dentro dun pouco grabamos una maqueta e podemos compartila convosco a ver que vos parece


Un saúdo a todos!!

ohhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!!

e todo un alago esta adicación que nos fixestedes!

grazas a Vituco por ese honor que nos fixo o pasado sabado tocando con nós Comercial


unha aperta

"a jaiteira de lusco fusco"




^^_____MeGustanLosTriangulares_____^^

ohhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!!

e todo un alago esta adicación que nos fixestedes!

grazas a Vituco por ese honor que nos fixo o pasado sabado tocando con nós Comercial


unha aperta

"a jaiteira de lusco fusco"




[b][i]^^_____M

grazas!!!! e aínda por riba dedicannos o fotolog.
de verdade que non me podo creer que vituco cantase con nós.....
sodes os máis GRANDES!!

por certo son pablo, o que vai de vermello XD

pasomee

dew


saudos

unha aperta
pasadeos

nunca os escoitei!!

terei que conseguir algo :)

Grazas a todos e sobretodo a ti Vituco por acercarte ata ali e subirte o escenario con nos para min unha gozada e unha honra tio!!!
Saude e Rock and Roll!!!!

Sorry - only Fotolog members can leave guestbook comments.
Log in to your account or join Fotolog now - it's free!

ruxeruxe's Friends/Favorites

lady__winter's photo from 11/22/08
11/22/08
Santiago de Compostela, Praha, Hlavní Město, Czech Republic
seria_pesadilla's photo from 11/22/08
11/22/08
La tierra del Rock, Neutral Zone
lamatumba's photo from 11/22/08
11/22/08
OUrense, Galicia, Spain
zinh00's photo from 11/22/08
11/22/08
daviz_6988@hotmail.com, Galicia, Spain

More

ruxeruxe's Favorite Groups

ruxeruxe's Links