... pois ao carallo o QUERCUS POP de Ribadumia ... mira que nos fode suspender concertos pero cando non pode ser non pode ser ... os do equipo agardando dende as dúas da tarde con todo medio montado, os da organización agardando e mirando para o ceo coa esperanza de que escampara, os grupos roendo nas uñas coa mesma leria ... pero o ceo da carballeira de barrantes non deu o brazo a torcer e finalmente non quedou outra que suspender o concerto ...
... e moooooooito nos fode !!!!
... a ver se se pode buscar unha data libre no almanaque para poder facelo outro día !!!
...................................................................
... e o 26 de xullo en XEVE (Pontevedra):
* OS TRES TREBÓNS
* O SONORO MAXÍN
* RUXE-RUXE
! que non chova !
saúde e FELIZ DÍA DA GALIZA !!!
Em Compostela a chuva nom impediu que se celebraram os concertos. É umha putada para a gente, a organizaçom e para vós que houvera que suspender os concertos... mas, um grupo sem nengum concerto suspendido nom é um grupo hóstia (pior é o que fam os que nom tocam porque nom lhes sai da paxara ou porque se ponhem perdidos coma o Yosi). Umha aperta irmandinha e aguardo ver-vos aginha.
jajajjajajajaja foto moi apropiada
seica onte a noite encontrei a xente de outros grupos que andaban coa mesma historia... viñan de non poder tocar pola choiva... pero esta terra éche así... teriamos que estar acostumados xa.....
sauude