- « Previous
- Next »
Hai miradas e miradas. Sempre fun moito de fixarme nos ollos. E sempre me gustou ler nos ollos e sempre me encandilou a xente que fala coa mirada. É unha das claves do amor que vivo desde hai anos: un ollar que me enche de paz.
E agora fixo os meus ollos nesta outra nova mirada que me da a vida e que tantas preguntas me suscita. ¿Que pasará pola súa cabeciña?
Telo nos brazos e mirar no fondo destes ollos é unha das sensacións máis placenteiras do mundo. E cando me busca coa mirada faime sentir tan importante! Se isto non é autenticamente paz, calma, beleza, emoción, felicidade que me expliquen onde se pode atopar máis.