close

Member Login

Please log in to cast your vote for pericas_forever1.

Forgot your password?
 
close
You will be charged 0 for this gift when you post your comment.
This gift will be added to your comment for free!
 

pericas_forever1's Fotolog Page

Ilusionismo
Permalink | Share: Email Facebook Other

Ilusionismo

11/11/09
ILUSIONISMO

s m ESPECT Arte de producir fenómenos que aparentemente contradín as leis naturais, por medio da habilidade manual e de diferentes trucos, cartas e material especialmente preparado.

Fonte: Digalego (http://www.digalego.com/, última consulta 11 de novembro de 2009).


Canta sinceridade cabe nunha dúbida?

Cando non buscaba nada atopei dous camiños, e sei que Ítaca non existe, que Ítaca é só unha vella historia.

-Sabes o que son?
-Non.
-Cólleas nas mans.

O espello non devolve o que ti ves, devolve o que non podes ver. Crear unha prosa cotiá, escribírmonos, falar de despachos-bibliotecas imaxinarios, de futuribles. Vérmonos, falar de cousas exóticas, sentir a proximidade da diferenza, a atracción da imaxe no espello, esa visión imposible.

Gústame andar, pero non percorro todos os camiños. Cada día fíxome un itinerario. Hoxe desertei ata da terceira persoa. As declaracións de amor é o que teñen, que nos fan desertar das nosas convencións, porque a paixón é o menos convencional que hai, o máis radical que existe.

"Quero dicir que saboreo versos, ciclos vitais que se abandonan.
Convido a ese pracer" (Pilar Beiro, Bingo)

E, no entando, respiro con dificultade. É un problema que vén de vello, mesmo estiven a tratamento para unha capacidade pulmonar restrinxida que misteriosamente desapareceu da espirometría na segunda cita neumolóxica. Eses misterios do cotián.

Non concibo a dúbida como estado.
Non concibo a incertidume como ruta.

E, non obstante, a certeza hoxe en día é tan distante como Ítaca. E canto máis fácil non era amar sen condición e sen dúbidas a aquel que nunca me vai amar. Non hai brúxulas que indiquen un destino, tan só unha dirección.

-Non te agobies Lore, o que teña que ser será.
(Sabedoría de amigas)

To leave a comment, please log in by clicking one of the following


or join Fotolog now - it's free!
Connect
(for comments only) or join Fotolog now - it's free!

Friends/Favorites

vdbuxan's photo from 8/21/09
8/21/09
ei mamasita caiuxe a, Braga, Portugal
meninha_ilusa's photo from 5/10/09
5/10/09
dakeles aires, Galicia, Spain
enlafiestadeblas's photo from 4/6/09
4/6/09
Trabubulandia, Galicia, Spain

Groups

pericas_forever1 hasn't added any groups to their Friends/Favorites list yet. Explore groups here!