Aínda recordo, coma se fose hoxe, o momento no que me dixeches que baixo esa cariña de nunca esnaquizar un prato agochábase a verdadeira Noeh. Definíasme como unha cousa "piquiniña" e rebelde. Que xamais para queta –dicías-. Astuta e de axilidade prodixiosa. E en extremo burlona, tamén. Pero un anxiño no fondo...
Fuches ti quen me ensinou que co pequena que son... o meu fondo está ao alcance de calquera.
Se para ti son un trasgo, o son. Un pequeno trasgo. O teu pequeno trasgo.