***chuvia***

papaventos_g

Recent Photos

6/20/07
6/19/07
RSSRSS
papaventos_g's photo from 6/20/07
Permalink | Email photo | Share on Facebook

6/20/07

Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.

¡Como a triste branca nube
truba o sol que inquieto aluma,
cal o crube i o descrube,
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma!

Xa, dempois, lonxe espallada
polos aires fuxitivos,
desteñida, sombrisada,
nos espazos desatada,
cae brillando en raios vivos.

Rosalía.


Mañá chega o verán e en Galicia está a chover!!!!!
Deste xeito andamos que nin podemos comezar as vacacións cuns raios de sol e na praia logo dun intenso curso de traballo!
Pero, que queredes? Isto é Galicia, aquí chove! Pero é isto o que fai a Galicia ser o que é, non sería o mesmo doutro xeito! A chuvia debémoslle a nosa paisaxe verde intenso, algo que caracteriza a nosa terra das demáis. A chuvia como outras marabillosas cousas é parte dela e, do mesmo xeito, parte de todos nós ou é que alguén pensa en Galicia noutra cor que non sexa a verde?

Bo verán para todos!!! (o bó tempo xa chegará,o verán é moi longo! xd!

Sorry - only Fotolog members can leave guestbook comments.
Log in to your account or join Fotolog now - it's free!

Friends/Favorites

papaventos_g hasn't added anyone to their friends/favorites list yet. Find members in A Coruña, Galicia, Spain

Groups

papaventos_g hasn't added any groups to their friends/favorites list yet. Explore groups here!