1/17/07
Esta fin de semana tamén houbo acontecementos especiais. Os nosos veciños de Ullán Teatro estrearon con moito éxito 'Unha de vaqueiros'. Así, este ano, seremos dous os grupos de teatro afeccionado os que vaguemos polo país adiante repartindo teatro.
O outro acontecemento foi un dos máis bonitos que celebramos os 'papaventos': a cea de Nadal, dos amigos e inimigos invisibles. A anfitriona desta volta foi María, la expresión del buen gusto, que a todos sorprendeu cuns canapés preciosos e cunhas exitosas berenxenas recheas. As caras das reaccións ao abrir os regaliños por valor de seis euros aprox., deixámolas para vindeiros capítulos (máis que nada porque é Luigi o que ten as fotos, ;)
Biquiños a todos!!