11/25/06
"Mallar, mallar e mallar", que diría Antón Grande. Días de ensaio cada pouco. Dous ou tres por semana, cun horario nocturno porque é cando a maioría de nós pode quedar. É dicir, poñemos ás nove e media e empezamos a facer algo sobre as dez. Din que a puntualidade nunca foi o noso, pero é porque sempre temos algo importante (ou non) que dicirnos. O duro é cando descubres de repente que xa son as doce da noite e só ensaiamos o baile. Aínda así, "a malla" vai dando os seus froitos.