PECHE

Bueno, Pantoneiros. Chegou o final. Despois de varios meses dubitativo en torno ao flog, teño que dirvos que pecho. Non hai unha razón en concreto, simplemente un cúmulo delas.
A fundamental é que levaba xa tempo pensando para que carallo facía o flog. Si, si, xa sei, a comunicación e todo iso, pero non sei, empecei a decantarme polo NON cando se puxo de "modita" ter un flog e xa se fixo unha tendencia. Certo é que nunca me gustaron certo tipo de flogs -os chamados egoflogs- pero tamén teño que dicir que nembargantes hai outros que como ben sabedes me flipan. A cousa é que xa non me vía nesto a non ser utilizando o flog como ferramenta para calqueira fin.
Espero, de todos os xeitos, atopar antes ou despois outro soporte onde poder mostrar esas cousiñas curiosas que vexo e que sigo a gardar día a día e sobre todo nas miñas viaxes.
Por outra banda, a cantidade de curro que teño últimamente e a chegada de Adrián fai que prefira xestionar o meu tempo libre doutro xeito e prefiro gastalo noutras cousas máis importantes e sobre todo que me echan máis.
E para rematar, a merda de formato novo de fotolog, -independentemente do deseño- onde só poden postear os fotologueiros, foi o empurrón que necesitaba para chimparme.

Só quero darvos as gracias a tod*s por pasarvos por aquí e por compartir este espazo durante tanto tempo.

Espero seguir posteándovos e seguramente saibades algo de min.

E como último favor quero que pinchedes no link que vos deixo. Un millón de gracias:

<A HREF="http://ree.ticoblogger.com/2007/03/un-milln-de-gracias.html" TARGET=_top>http://ree.ticoblogger.com/2007/03/un-milln-de-gracias.html</A>

PANTONE 292

On July 23 2007 Edit






pantone292

unknown - 13/02
279 Photos
galiza - europe, Lisboa, Portugal



1 Favorites Groups »

  • prism

    Este grupo muestra fotos reales bien coloridas. Mostrando en una solo foto los colores del arcoiris, los mismos colores que salen de un prisma.
    This group shows real and colorful photos. Showing in one single picture the color of a rainbow. The same colors we get out of a prism.




Loading ...