Pois estas son ás primeiras confirmacións do próximo Ortigueira Rock 2009:
KERTULER, que virán presentando o seu novo disco "Todo cambió". Este disco, o segundo na súa carreira, está dispoñible para descargar gratuitamente no seu MySpace (http://www.myspace.com/kertuler). Con máis de 9 anos de historia, e despois de telonear aos grandes grupos do rock e do metal españois, farán por primeira vez parada en Ortigueira.
PITO DE PIKASSO, que presentarán o seu novo disco "Kraksh!¡!", que xustamente saíu hoxe día 2 de xullo á venda. Despois de tocar por toda a xeografía galega, voltarán a facer outra paradiña en Ortigueira. Podes escoitalos no seu MySpace (http://www.myspace.com/pitodepikasso)
MALA CENTELLA TE KOMA, estarán tamén coma grupo local invitado, no Ortigueira Rock. Autodenomínanse coa etiqueta de hardcore-punk. Podelos escoitar no seu MySpace (http://www.myspace.com/malacentellate)
Aínda faltan 3 ou 4 confirmacións máis que iremos revelando esta semana ou á próxima.
Por certo, a próxima semana tamén se porán á venda rifas do Ortigueira Rock para o sorteo dun Ipod, ao prezo de 1 € cada rifa. En breve publicaremos info sobre isto tamén.