Auf wiedersehen

Logoferoz despídese (tampouco é que se prodigase moito, a verdade...)

Este patio de divagacións estranas, portafolio mal estructurado e curruncho de pó, desaparece. Cheguei á conclusión de que as divagacións me gustan máis nos bares, con amigos dentro (algúns de vós) e cervexa mediante. O do portafolio decidin tomalo un pouco más en serio e reubiqueino mellor, dou máis señas embaixo.

Polo demáis, o asunto dos fotologs, blogs, myspaces e derivados dame cada día máis pereza, cando non alerxia. Tamén me está dando por pensar que está fenomenal que cada un teña unha opinión moi ben formada sobre todo o que pasa no mundo e que teña a necesidade de contármolo e, de paso, presentarnos ós seus amigos (guapirmos todos), a música que escoita, o que come, con quen durme, amosarnos que sabe de cine e que é capaz de facer poesía despois de poñerse ó borde do paroxismo nun concerto de Vetusta Morla (por poñer un exemplo). Pareceme ben que faga todo iso e que sinta que debe compartir esa vida cos demáis, poque é unha vida tan plena, tan grande, que non se pode quedar nos límites do seu propio corpo. Paréceme ben, en serio, pero na maioría dos casos me importa un güevo.

Por isto e por máis cousas, vou borrarme (ademáis o outro día busqueime en google e se me puxeron os pelos de punta)


Xa sabedes onde atoparme


Bicos


R.


Ah, se alguen me quere dar curro:

www.logoferoz.net



On September 11 2008 Edit






logoferoz

unknown - 08/07
112 Photos
Con dobre de, Sucre, Venezuela




Loading ...