Please log in to cast your vote for lobodegheto.
Busco no baleiro e cando noto a falta, creo a partires da nada. Coas mans sobre as costelas, busco. Non encontro nada máis que ósos e tan só sinto a fría carne. Doume conta de que non hai nada que buscar. Agarro as costelas coas mans e intento abrilas. Non resisto frente a idea do baleiro. Estoume asasinando a min mesmo e son consciente do erro. E se o que busco non está no meu peito? Busco no baleiro e cando noto a falta, creo a partires da nada. É así de sinxelo. Cando non hai, a única solución é crear. Non me importa que me chamen tolo. Aproveito a falta para encher de novo os pulmóns. Creo corpos sen costelas, sen ningún tipo de oco onde se poda gardar a ausencia. Cometo un grave erro. Así é a creación. Son consciente diso. Continuo no baleiro. Non entendo por que non intento superalo. Estoume a asesinar. Busco no baleiro e cando noto a falta, creo a partires da nada. Creo liñas infinitas que nunca se xuntan nun esterno e debuxo corpos cheos de órganos nos que se poida gardar un mesmo sentimento. O único que interese conservar... Entón a falta é moito maior. Xa somos máis dun corpo baleiro. Intento crear sentimentos. Non o logro. É así de sinxelo. Cando non hai un sentimento, a solución non é crealo senón buscalo entre unhas costelas. Espero encontralo. Será a única forma de que o(s) meu(s) corpo(s) sinta(n)…
A ENERXÍA NIN SE CREA NIN SE DESTRÚE, TAN SÓ SE TRANSFORMA.
Ás veces o destino da "enerxía" é o transcurso da búsqueda.
Ti botas de menos o frío i eu ao meu capitán Dado...
Temos moito que poñernos ao día. Que non pase do nadal.
PD: Sei o que é estar fóra da casa e lonxe da terriña. Chámame parva, pero estes links que che mando axudan a cura-la morriña, aínda que as veces provoca que escorreguen un par de bágoas de saudade.
http://es.youtube.com/watch?v=X7Oyr7dXLHk
http://es.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o&feature=related
http://es.youtube.com/watch?v=ycoT8gq0Yhg
bea???
bufff
bó peixe có que te fuches xuntar!!!
gustalle facela cabra pola rúa
dixocho non??
as cousas non van ben para ninguén capitán...
ou polo menos no meu gheto...
teño ganas de falar contigo...
pode que o sabado vaia por lugo...
apetecerialle tomar un café dado?
pois para a semana que ven deixareime ver polo teu gheto
(deixa a ventá aberta eh!)
mil bicos
mil apertas
Se queres, poderás atopalo.
A min encantaríame axudarte a buscar.
Non abrín o puño cravado baixo o teu esterno.