Avatar lixourbanodiscos

ROCK EN COSTA IX

ROCK EN COSTA IX - 2010
Sábado 12 de Junho. 21 horas
Centro Socio Cultural Agustín Bueno - Castinheirinho, Compostela

FOGGY MENTAL BREAKDOWN
BORN A LION
SKARMENTO
LOS CHAVALES

http://wordpress.xurasica.com/
http://www.myspace.com/rockencostafestival

Tres bandas galegas e unha portuguesa conforman este ano o cartel do Rock en Costa, que a Asociación Xurásica vén de pechar. FOGGY MENTAL BREAKDOWN (Vigo), BORN A LION (Leiria - Portugal), SKARMENTO (Donramiro) e LOS CHAVALES (Santiago D.C) actuarán o sábado 12 de xuño na novena edición do festival, que vai celebrarse na pista de baloncesto do Centro Socio Cultural Agustín Bueno do Castiñeiriño, en Compostela. A entrada, coma sempre, será de balde.

O Rock en Costa segue apostando polos barrios como motores culturais das cidades e pola aproximación entre as músicas de Galicia e Portugal. Para mostralo, este ano actuarán na xa clásica cita do Castiñeiriño os míticos e recentemente reunidos FOGGY MENTAL BREAKDOWN, claves na escena rock viguesa dos noventa; os intensos BORN A LION, unha banda de rock suoroso con ambientes sureños; SKARMENTO, un grupo que desde a periferia de Lalín ten xirado por media Europa co seu punk combativo; e os locais LOS CHAVALES, clásicos da escena compostelá que se aplican con destreza e humor ás versións de cancións do pop español dos sesenta.



FOGGY MENTAL BREAKDOWN (rock, Vigo)

FOGGY MENTAL BREAKDOWN, unha das bandas máis emblemáticas de Galicia nos 90, reúnese cun repertorio que inclúe temas de toda a súa carreira, desde o seu primeiro EP editado no 1995 ata as súas últimas composicións, datadas no 2004. Nesta ocasión forman a banda Paulo Pascual (ex-Trem Fantasma, Casanovas), Pablo Muñiz (ex-Trem Fantasma, Transilvanians), Xabier Vieitez (Transilvanians, ex-Merry Melodies), Óscar Liboreiro (Vindaloo Rockets), Rubén Suárez (ex Los High Sierras) e Diego de Luis (ex Brandell Mosca, To Nowhere), todos eles compoñentes de Foggy Mental no pasado. http://www.myspace.com/foggymental

BORN A LION (blues rock, Leiria, Portugal)

O novo disco dos BORN A LION, ‘Bluezebu’, fala-nos acerca da vida de uma banda de rock na estrada, de caminhos sinuosos, de promessas feitas entre “irmãos”, e está pontuado por momentos de claridade, luz e celebração. Rodriguez, Melquiadez e Nuñez pegaram nas melhores referências do rock e construíram um disco que oscila entre o sombrio e o luminoso, cru e ao mesmo tempo belo, poderoso sem deixar de ser melódico. O disco contém dois temas extra gravados durante a digressão da banda em 2007, no Brasil. http://www.myspace.com/bornalionband

SKARMENTO (Punk rock, Donramiro)

Foi en setembro do ano 2000 cando na casa da Campanillas de Donramiro comezan a ensaiar SKARMENTO. Tocando primeiro en Vigo, Santiago, Ourense ou Lugo e logo en Madrid, Euskadi, Navarra, Catalunya e mesmo subir nun avión para descargar en Mallorca, acabaron subindo á furgoneta para cruzar os Pirineos e xirar por Francia e Alemaña. Agora, cun novo disco que saliu no verán de 2009, pensan xa na posibilidade dunha nova xira europea. http://www.myspace.com/skarmento

LOS CHAVALES (Pop yeyé, Compostela)

LOS CHAVALES son Tato, Bibi, Toni y Fonso, habituais da escena musical compostelá, que se reúnen en marzo de 209 coa intención de montar un grupo de versións de pop español dos anos sesenta. Con tan divertido propósito, conformaron un repertorio de 25 cancións clásicas (Brincos, Bravos, Salvajes, Lone Star, Gritos…) que presentaron en diferentes salas e festivais. Os novos plans da banda son a gravación e posta en circulación do seu primeiro EP, con clásicos de Love, Byrds, Beatles e Sonics adaptadas ao castelán pola propia banda. http://www.myspace.com/oschavales




On June 01 2010 9 Views



Avatar zumodecerebro

Zumodecerebro On 01/06/2010

Guapo cartel

Un saudo !!




lixourbanodiscos

Favorite lixourbanodiscos

unknown - 01/01
76 Photos
Compostela,





Tag - Style
Loading ...