11/16/09
SPORTING C. S. MATEO Vs LIRÉNS F.C.F.
Emocionantísimo partido o disputado no campo do Cruceiro. Tanto as locais como as de Lira deixárono todo no terreo de xogo, como a un partido de rivalidade como este lle corresponde. É certo que era difícil a práctica do xogo polo estado do campo debido a choiva pero os dous equipos puxéronlle toda a intensidade precisa para gañar. Dominou, cando menos en oportunidades, o Liréns que puido sentenciar na primeira metade na que dispuxo de tres- catro ocasións moi claras. Isto levaría as visitantes a adiantarse no marcador tras recuperar un balón no medio campo que chega a Barbi e esta de tiro lonxano consegue bater por riba a porteira. Seguirían as foráneas acosando a area rival con algunha chegada o contragolpe do Sanma que nun erro de concentración das de Salvaterra conseguirían empatar dun bo tiro tras unha pelota que rebota nas costas dunha xogadora do Liréns, que lle queda os pes da interior do Sanma. Na segunda metade igualaríase mais o xogo, pero tras o saque dunha falta as costas da defensa por parte de Conchi e tras un pequeno barullo na área subiría o 2 a 1 o marcador, gol marcado por Ernes. Tería o Sanma a posibilidade de empatar nun penalti, un tanto rigoroso, que é mal executado pola lanzadora e Cris non ten problemas en deter. Sería pouco mais tarde nunha acción moi parecida a do gol de Ernes como empatarían novamente as locais. Xa non se movería mais o marcador. Destacar a entrega de ámbalas dúas escuadras que xogaron a un ritmo trepidante mantendo en vilo o público que se achegou a ver o partido. Esta é a actitude, e traballando desta maneira acadaremos os resultados que desexamos, o importante é non baixar os brazos. Parabéns
Menudo partido el de aier......más que pasado por agua.......
aunqe satisfecha del enorme esfuerzo que mis compañeras y yo hemos realizado para intentar ganar el partido.
No pudo ser....aunque un empate no es malo no??....a seguir asi ninias.......y para el proximo más y mejor no?
Ehhh......esa de la foto soi yoooooooooooooo..............jajajajjaja