7/18/09
Esta fin de semana está sendo intensa. O sitio onde ciscamos o corpiño para descansar despois dos concertos é un bonito e verde (pero non por novo) autobús no que levamos dous días preparando un sesudo estudio que levará por título cando sexa publicado: "Diversas formas de tentar durmir case recén rematado o concerto nun autobús, reclinando asentos, cortando o paso do pasillo coas pernas para poder estiralas, durabilidade das colchonetas de dous louros dos chinos sometidas ao peso morto do Rafita durante dúas noites, dificultade e precisión necesaria (despóis da xinkana consistente en franquear o bosque de pernas)para o acto minxitorio nun baño de autobús mentras se atravesa o val de Ordesa, con un bonito capítulo adicado á "bucólica" subida ao alto de Gállego (e pensar que por esa ¿estrada? van os da Volta Ciclista nas etapas de montaña, e logo pretenden convencernos de que somentes toman Isostar...), capacidade de reacción ante a súpeta aparición da nunca suficientemente apreciada benemérita para que non nos pille a todos ciscados e tirados polo chan (seica nun bús non se pode, que hai que ir todos có cinturonciño posto), resistencia da ponte de madeira que da acceso ao Castelo de Aínsa mentras pasa un autobús (ao berro de : "imos oh, que se pasaron os camións do equipo de son mal será que non aguante un bus...")e demáis imponderables da ruta".
Eso sen contar a tortilla de patacas que lle fodemos a Macaco (a estudiar á casa), a sorpresa de ver a Brais de Loretta Martin en Portugal facendo de teatreiro, o incríble descubrimento de Stewart Sukuma (facédevos un favor e investigade a este mozambicano, que a nós deixounos flipados), o guapísimo que é o Castelo de Aínsa e o pobo medieval que en templos defendía, e ante todo o volver comprobar, unha vez máis, que cantar en galego non é obstaculo nin en Portugal, nin en Huesca nin en casa cristo para montar unha boa festa se a xente ten gañas dela.
Sabiamos que ía ser unha viaxe longa e cansa, pero en canto chegamos a Tondela, o primeiro que vimos ao entrar no pobo foi esta furgoneta, e nos pareceu un bo presaxio, e de momento estase cumprindo con creces.
Hoxe rematamos a odisea pagando unha déveda que temos pendente coa Mariña Lucense dende hai anos, e qué mellor sitio que éste para rematar a faena na casiña. Esta noite non importa que estea nublado, vai haber moita calor en Viveiro (eso sí, hoxe temos sorte e durmimos nunha camiña).
Seguiremos informando...
CONCERTAZO o de Viveiro...
tedes q volver!jajajaja
un saudoooooo