close

Member Login

Please log in to cast your vote for lamatumba.

Forgot your password?
 
close
You will be charged 0 for this gift when you post your comment.
This gift will be added to your comment for free!
 

Foto-eló de Lamatumbá

A indecencia da docencia
Permalink | Share: Email Facebook Other

A indecencia da docencia

7/14/09
Boa noite, compañeiros.

Como xa vos diciamos onte, seguimos na nosa tentativa de nos poñer cachitas, básicamente por dous motivos:

1º, ver de coller eses azos necesarios para o tremendísimo palizón (kilometricamente falando) que nos agarda esta fin de semana, e

2º, por ver de lle partir os morros a Mala_Puta5 por dicirnos esas cousas que nos di, e quedar aínda con azos para saír por patas! (como chamemos ao noso primo Osopanda77... ¡vaste cagar!).

Pero así e todo, aínda e sempre nos queda oco para atender as chamadas dos amigos. E así foi que o venres da semana pasada estivemos participando no Encontro Musical organizado pola concellería de cultura do Concello de Vilagarcía, con Ana Lorenzo á fronte.

A cousa foi que nos chamaron para contarnos a súa intención de que "a xente dos grupos que hoxe mellor están a funcionar en Galiza (segundo eles mesmos dixeron) participen neste tipo de encontros cos novos músicos galegos" (aqueles de vós que nos habedes vir visitar ao Asilo do Folklórico Galego para cando nós xa andemos aínda máis chochos do que xa estamos hoxe), co fin de compartir experiencias, e ver se os novos son quen de non caeren nos mesmos moitííííísimoooos erros nos que nós caímos unha vez. Nós respostamos que nos parecía unha moi boa, saludable e mesmo necesaria idea, pero que non acababamos de entender moi ben qué pintabamos nós en semellante cátedra. A resposta de Ana foi "é que vós sodes un deses grupos".

Unha vez que nos deu pasado o ataque de risa, dixémoslle "vale, vale. Ti tranquila, que nós xa te mandamos persoal cualificado..."

E mandamos ao Perdidito.

Menos mal que por aí andaban tamén os nosos bos amigos Vituco e Xurxo, dos Ruxe e Festicultores respectivamente, para solucionar o enredo. Que se é polo Pedrito... ¡aínda habían estar hoxe os mozos e mozas de Vilagarcía preguntándose qué carallo facía un tipo coma este nun sitio coma aquel!

Nesta instantánea podedes ver ao noso toliño particular impartindo a súa (in)docencia ante as miradas perplexo-atónitas de Vituco e Ana Lorenzo.

¡Xente de Vilagarcía, moitísimas grazas por, outra vez máis, abrirnos as vosas portas e contar connosco! (a próxima vez, prometemos levarvos indemnizacións...). Bicos.

Guestbook Comments (2)

A ver si osa meterse con...

http://www.youtube.com/watch?v=NNkdn2nEHgk&feature=related

Pitar nas curvas¡¡¡

O Pedro fixoo xenial! ao igual que Vituco e Xurxo! fómosche uns privilexiados os que puidemos ir ao encontro de Vilagarcía!


Voltade pronto!!

To leave a comment, please log in by clicking one of the following


or join Fotolog now - it's free!
Connect
(for comments only) or join Fotolog now - it's free!