Volta ó Meridiano
7/2/09
Como xa sabedes se leedes outras actualizacións do foto-eló de Lamatumbá, témoslle unha especial predilección a cruzar o meridiano, porque cansa, pero presta chegar e ser tan ben recibidos. Por eso esta fin de semana próxima imos por outra ración de festa catalana. E desta vez vai ser da boa, porque será outra vez en Mataró (que xa lle imos collendo agarimo a base de repetir…), e con compañeiros de luxo, como son D´Callaos, e Manu Chao e Radio Bemba, cos que xa coincidimos hai uns anos en Vilagarcia. Háse de montar boa.
E, xa de volta, procuraremos descansar todo o posible, porque a seguinte semana vai ser intensa, xa que facemos o “Triángulo tour”. O xoves 16 marchamos para Tondela, para poñer unha chinchetiña en Portugal, e según rematemos trazamos diagonal e marchamos para Huesca, para participar no Festival do Castelo de Aínsa, xunto con Macaco, Huecco, e máis xente. E para pechar o triángulo, remataremos o sábado 18 en Celeiro (alí ao lado), no Festival Arreocabo, compartindo palco con Boikot e os nosos amigos de Betagarri.
Tendo en conta que os máis de nós somos de letras, o noso berro de guerra para esta fin de semana será “¡¡QUE A TRIGONOMETRÍA NOS ACOMPAÑE!!!.
O que quede dos nosos corpiños serranos e xeitosos seguirá informando… ;)
E para pechar o triángulo, remataremos o sábado 18 en Celeiro (alí ao lado), no Festival Arreocabo, compartindo palco con Boikot e os nosos amigos de Betagarri.
hai estarei eu!
Por fin pola Mariña!