O 24 DE XULLO, LAMATUMBÁ NA QUINTANA


Moitas veces resulta que cada un é quen é porque vén de onde vén. E cómpre ter moito ollo con esas viaxes, porque o mundo –un lugar ben curioso– está cheo de lugares que te marcan dun xeito ou doutro. E algúns deses lugares coinciden coinciden –tamén curiosamente– no tempo e no espazo coa situación dalgún escenario. Porque hai escenarios…

Se ti es de Ourense, lembras aquel concerto nos Xardíns do Posío, ou quizais na Praza Maior, ou na Alameda, mesmo. Se es de Vigo, non vas lembrar aquela noite en Castrelos? Quizais non, porque se ti es d’A Coruña esa noite estabas en Riazor. Nós, que non somos de Monforte nin tampouco de Lugo, gardamos no recordo aqueloutra noite no San Froilán. E, non sendo de Pontevedra, tamén temos gravado o recordo das noites na Praza da Ferrería, co lume baixo a choiva… Ou igual é que levamos tanto tempo a dar voltas polo mundo que xa somos unha migalla de todas partes.

E sendo así, sabemos que de todos os rincóns aínda hai un que nos queda por visitar, un que nos ferve no peito dun xeito diferente nunha noite especial. Se ti es de Santiago, se pasaches por Compostela, entón has ter un bo feixe de recordos daquel concerto que viviches entre as pedras da Praza da Quintana. Agora, por fin, tócanos a nós. Na noite do próximo sábado 24 de xullo, logo da media noite, Lamatumbá na Quintana. Faremos noso aquilo que Napoleón lles dixo ás súas tropas ante as pirámides de Exipto:
- Séculos de Historia nos contemplan. Danzade, malditos, danzade!
(ou algo así…)

On July 16 2010 Edit






lamatumba

unknown - 29/09
188 Photos
OUrense, Galicia, Spain



1 Favorites Groups »

  • monada_bersuit

    Bueno gente. vamos a dar comienzo a este grupo de la monada de Bersuit Vergarabat.Solo se podrán subir fotos referidas a Bersuit Vergarabat.Espero que les guste a todos y que sea de su agrado.Aguante la Bersuit, aguante la monada, Dios.Saludos Bersuiteros.




Loading ...