close

Member Login

Please log in to cast your vote for lamatumba.

Forgot your password?

Foto-eló de Lamatumbá

lamatumba

Recent Photos

9/3/09
8/17/09
8/10/09
8/5/09
7/24/09
7/18/09
RSSRSS
Qué bonito...
Permalink | Share: Email Facebook Other

Qué bonito...

9/3/09
Bueno, pois ao final vai ser certo o que os mentideiros andan a contar por aí... Todo remata, non hai amor de verán que non teña un adeus, autobús urbano que non chegue ao seu destino final nin nómina que non entenda de esforzos fins de mes. Se vedes a Godot, dicídelle da nosa parte "hei, tipo: que che dean!" Nós marchamos daquí.

Foi un verán moi fermoso. Curioso -como todo neste mundo curioso-, pero moi fermoso. Coñecimos mundo, fixemos máis amigos, atopamos o dobre de amores có verán pasado. Pero todo remata.

Nós xa temos as maletas feitas para o inverno, cos calcetíns de lá e gorriños para as neves dentro (esta mesma fin de semana nos agardan en Barbastro; para a próxima tocan Ribeira e Palas de Rei, e parece que este inverno vai ser un auténtico non-stop...). Pero, vendo un chisco para atrás, a sensación que queda é fermosa. Foi un ano duro, de roelo, como din por aí. Pero tamén foi moi bo para todos e cada un de nós. Unha outra familia a rodar polas estradas de medio país, a durmir polos hoteis máis lindos e as pensións máis... do outro medio. Pero sempre cun sorriso nos beizos, sempre cunha chanza ao nos cruzar por calquera corredor de hotel, sempre un "bo día" á hora do almorzo. E todos eses "sempres" condensados nunha enerxía arroladora en cada noite, sobre cada escenario. Foi un verán precioso. Coma a primavera anterior, aquela que chegou logo dun fermoso inverno xuntos.

Para que vos fagades unha idea do que foi, para que vos busquedes por aí nalgunha foto os que viñéchedes, para que saibades de qué foi o conto os que non viñéchedes, o amigo Pixelín (outro máis xa na familia) deixouvos este video colgado no yutú:

http://www.youtube.com/watch?v=bqok4lo09io

A todos vós, aos que bailáchedes, aos que berráchedes, aos que cantáchedes, aos que sorríchedes, aos que empurráchedes, aos que estivéchedes aí... Á familia.

Muito obrigados

Eskerrik asko

Moltas gracies

Muchas gracias

Mercì

Thankyou very much

Moitas grazas

Guestbook Comments (6)

snif...

quero volvelo pasar.

Doooock!! trae o delorean e imos repetir veransssiño!!
Hai que invertir nun condensador de fluzo!! xa de xa!!!

Grazas xente. Que siga!! Lume!!

moito sentimento puxechedes nesta actualizacion!!!!!!

pasadeo moi ben cos calcetins de la polo mundo adiante...

unha aperta panda de pajaros!!!!

Galiza galega
Europa europa
Non á Nova Orde Mundial
nen mestizaxe, nen ecumenismo, nen internacionalismo

Sodes ardentes!!
eu quero fotos, fotos, fotos!! ;)

un bicaso!

preparase unha grandes para este xoves na cpaitol noN?¿
;)!!

To leave a comment, please log in by clicking one of the following


or join Fotolog now - it's free!
Connect
(for comments only) or join Fotolog now - it's free!

Friends/Favorites

jfigueirido's photo from 11/16/09
11/16/09
Baiona, Galicia, Spain
pixelin's photo from 11/15/09
11/15/09
Dalgures, Galicia, Spain
mala_puta5's photo from 11/15/09
11/15/09
Auria, Galicia, Spain
campanilla_irea's photo from 11/14/09
11/14/09
país de nunca xamais, Neutral Zone
a_mais_pequena's photo from 11/13/09
11/13/09
No me llames Dolores, …, Lola, Guinea

Groups

monada_bersuit's photo from 11/7/09
11/7/09
Category: Entertainment

Links