Avatar hcliceo

Copa do rei 2009, A Coruña

O Xoves comeza a copa do rei na Coruña, unha oportunidade unica para que o H.C.Liceo levante un título no noso pavillón, e a maneira de gañalo é animar todos xuntos, como fixemos os dous ultimos anos en Barcelos, pero non só os 15 ou 20 que animamos sempre e que estamos espallados por todo o pavillón, senón todos os que imos, non pode haber nada mellor que gañar un título na túa casa cun pavillón cheo e que non pare de animar durante todo o campionato, quen dos que estiveron ali non recorda a FinalFour da Liga Europea que gañou o Liceo no pavillón?
Fagamos que esta copa do rei tamén sexa un grandisimo recordo para nós e para os xogadores, gañemos ou perdamos animemos mais que nunca, aínda que nos partidos de liga case non animamos e vaiamos 500 persoas, demostremos que o Liceo é o clube deportivo mais laureado de toda Galiza, levantemos a décima copa do rei na nosa casa e logo veremos como os putos medios de comunicación que nin nombran ao Liceo moitas veces cando hai partido enteranse de que existimos..

A COPA DO REI IMOLA GAÑAR!!!!!!!!

O Xoves xa un tempo antes do partido temos que demostrar que estamos có Liceo, sería moi bonito facer algo especial antes do partido, como recibir aos xogadores na porta do pavillón, todas as ideas son ben recibidas, o importante é que pase o que pase nesta copa do rei demostremos que somos unha boa afición, mil veces mellor do que demostramos en moitos partidos na Ok Liga, como por exemplo no ultimo partido de Liga contra o Vic ou no partido contra o Barcelos na casa, dous partidos importantisimos nos que aparecimos no pavillón 400 persoas (tirando por alto incluso) e non conseguimos dar nin a metade do ambiente que merece o noso equipo, que está 3º na Ok Liga e na Final á oito da Liga Europea.





Por outra parte recordar que segue funcionando o foro (http://hcliceo2008.foroactivo.net), aínda que cada vez entra menos xente, eu penso que é un bó metodo para xuntarnos os poucos que somos e para ter un punto de encontro, pero evidentemente non podo obligar a ninguén a entrar.
Deixo aínda así os enlaces ás entrevistas que xa fixemos:
Gende -- http://hcliceo2008.foroactivo.net/entrevistas-a-xogadores-f17/entrevista-a-jesus-gende-t193.htm
Luis Querido -- http://hcliceo2008.foroactivo.net/entrevistas-a-xogadores-f17/entrevista-a-luis-querido-t204.htm
Mauricio Galvani -- http://hcliceo2008.foroactivo.net/entrevistas-a-xogadores-f17/entrevista-a-mauricio-galvani-t212.htm
Toni Perez -- http://hcliceo2008.foroactivo.net/entrevistas-a-xogadores-f17/entrevista-a-toni-perez-t221.htm




SEMPRE LICEO!!!






On March 16 2009 3 Views




hcliceo

Favorite hcliceo

unknown - 09/02
164 Photos
korunha, Galicia, Spain





Tag - Tattoo
Loading ...