Avatar gueceteiro

Pois esta é a Republica independente de Vite, como se pode observar a simple vista hai lugares que están marcados como: a faculdade onde estou matriculado, o instituto onde botei cinco anos, a casa de Samuel -por se a alguén lle interesa- e a miña casa, podería marcar máis xa que Vite ten moitos lugares de interese, pero estes creo que son os que máis lle interesan a xente que pasa por este espazo, jajajaja.

Algún que coñeza o noso territorio estará a pensar que hai zonas que non pertencen á nación, pero iso é para que vexades que eses son os espazos que máis cedo ca tarde acabaremos conquistando, logo de acadar o poder, e tamén sei que algún estará a pensar que máis territorios dominaremos, pois en principio toda Compostela, pero de momento chegamos con invadir os territorios fronteirizos, despois xa iremos a polo resto da cidade e se saimos ben parados a polo resto da nación, -a galega quería dicir, non a de Vite-, porque os membros do que será o futuro goberno da república somos como os nazis, chegaremos ao poder por vías pseudo-democráticas e despois a conquistar os territorios lindeiros.

Treme cidade de Santiago que a nación de Vite vai por ti.

Adiante coa República independente de Vite.




On August 06 2007 1 Views



Avatar gueceteiro

Gueceteiro On 06/08/2007

De perverso nada, a poboación de Vite precisa un espazo moito maior do que ten e para iso temos que ir anexionando territorios conforme nos vaian facendo falla.

Ademais, tampouco sei onde está o teu piso para marcalo e aínda que o soubera cres que a alguén lle interesa, jajajaja.

A nación de Vite será a máis pequena e a máis grande que existiu nunca.


Avatar vasnallama

Vasnallama On 06/08/2007

Bueno, eu referíame ao piso... pero pensándoo mellor... dentro de pouco o mapa que nos mostre este perverso vitense será o do mundo! (excelente)


Avatar samuel_e_xuncal

Samuel_e_xuncal On 06/08/2007

tempo o tempo vasnallama algun dia nn a tua senn todalas casas do da terra(e algunha de perseidon cinco e de ratibulin)acabaran formando parte do mapa de vite!!!!jojojojojo(esta risa e cas mans diante da cara como cando o señor burns di excelente)


Avatar vasnallama

Vasnallama On 06/08/2007

e onde está a miña?


Avatar samuel_e_xuncal

Samuel_e_xuncal On 06/08/2007

si,si,si e podemos tamen anexionar a piscina de santa isabel que no vrao fai calorciño e no auditorio se entra a bañarse morre ata o capitan planeta!!jajajajajaj






Tag - Felicidad
Loading ...