Norberto Ortiz Osborne, ghaiteiro
6/8/09
que grande Bertín, joder.
Bertín Osborne, guapo entre os guapos. Cantante, presentador, empresario, playboy, Dios... moitas foron as facetas deste gran artista.
Empezou a follar moi novo, actuando nunha telenovela mexicana. Pouco despois comezou a súa andaina discográfica, compoñendo numerosos discos, onde destacaron auténticos temazos como "Qué nos pasa esta mañana" ou "Amor Mediterráneo"
(Recordemos este último:
Amor de cuerpo entero
a fuego lento piel con piel
amor fuera del tiempo
amor de espuma, amor de miel...)
Participou en numerosos programas que pervivirán nas nosas memorias como "Contacto con tacto" ou "Lluvia de estrellas" (ao final sempre cantaba el, sempre....borracho, claro). Mención especial merece o concurso "Trato hecho". Siiiii, ese programa no que saía esa mascota asquerosa (Lolo) e dicía para pechar un acordo "Trato hecho, Bertín!". Estaba claro que el era o xefe. Tampouco debemos esquecer "Genio y Figura": grandes personaxes, irrepetibles chistes...
Foi elexido pola revista "Hola" como un dos homes máis elegantes de España. É dono (e principal consumidor) das bodegas Conde del Donadío. O nome destas bodegas procede da súa ascendencia nobiliaria, xa que Bertín é o principal herdeiro do título de Conde de las Navas e de Donadio de Casasola. Pura sangre azul.
Ademais é un Osborne, como o touro, manso na pradeira, bravo no coso.
e primo de Ozzy Osbourne...e docto en sandinismo: http://www.youtube.com/watch?v=oO08iLnKNV8