www.cabare3.org ergue o pano
9/16/09
Dende agora temos un portal que unifica os enlaces ó blog, myspace, fotolog e que se artella en 3 brazos:
1) CABARÉ3 Produccións
Toda a información da productora que xestiona o Festival Galego de Cabaré e a Compañía Femme Fatale. Quenes somos, contacto, servizos, etc...
2) FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ
Toda a información relativa ao festival nas súas 4 edicións. Memoria, cartelería, hemeroteca, arquivo gráfico, agradecementos, etc...
3) COMPAÑÍA FEMME FATALE
Toda a información sobre a primeira compañía de cabaré crada en Galicia. Obras en activo e histórico de obras, contacto e formas de contratación, datas etc...
A páxina web, cun banco de imaxes de fotógrafos como Luis Cao, Marco Durán, Iago López ou Ricardo Rodríguez fai unha boa escolma deste 5 anos de traballo arredor do cabaré.
Unha plataforma desenvolvida por Javier Gutierrez que aínda ten espazos en construcción pero que moi pronto será completada.
Esperamos que vos sexa de utilidade!