OBRADORIO: O cabaré aplicado ás artes de rúa
9/8/09
A IV edición do festival galego de cabaré abre o prazo de matrícula ao obradoiro, que como vén sendo tradicional neste festival completa o aspecto formativo da mostra.
Será un obradoiro de cabaré, de 20 horas de duración coas seguintes características:
NOME: O cabaré aplicado ás artes de rúa
DURACIÓN: 20 HORAS
ESPAZO: Fórum Metropolitano da Coruña
CANDO: Do luns 21 de setembro ao venres 25 de setembro, ambos inclusive
HORARIO: De 10 a 14 horas
IMPARTE: Nelson Quinteiro, director do Festival Galego de Cabaré
MATRÍCULA: 30 €, a ingresar no número de conta 2091 0004 15 30400014970
DIRIXIDO A: principiantes, afecionados ou profesionais do teatro.
DESCRIPCIÓN:
Estamos a vivir unha auténtica proliferación dos espectáculos de rúa.
As prazas e avenidas convírtense en novo obxectivo para os creadores e cada vez aparecen máis e mellores propostas pensadas por e para este medio.
O cabaré non é alleo a este fenómeno.
A idea de aplicar ó cabaré á rúa parte dunha contradicción. Supón levar á rúa a todo un universo que ten no espazo fechado, na iluminación tenue e na atmósfera un dos seus principais atractivos.
No curso de cabaré aplicado ás artes de rúa profundizaremos sobre o sentido que ten hoxe facer cabaré e teatro de rúa.
Traballaremos o corpo tendo en conta as particularidades e condicionantes do traballo na rúa.
Analizaremos a rúa e o que nos podemos atopar nela, e profundizaremos sobre o concepto de intervención urbana.
Analizaremos quenes son os propietarios do noso espazo escénico, é dicir, a rúa, e estudaremos a parte reivindicativa, contestataria ou de desobediencia que ten o noso traballo.
Falaremos de imaxinarios sociais, e de como o éxito que ten unha proposta de rúa depende en grande medida de como nos achegamos a eles.
Traballaremos a presencia escénica, e de como conseguir que todo o que fagamos en rúa teña valor escénico (obxectivo, búsqueda estética, sentido e dirección).
Rigor teatral e rigor da posta en escea.
A disciplina como un medio e non como un fin en sí mesmo.
A profesionalización do traballo dos artistas de rúa e cambios que iso implica no seu traballo e desenvolvemento do mesmo.
O teatro de rúa en tempos de crise.
O curso completarase con traballo de rúa na que os alumnos/as do curso poñan en práctica os novos conceptos aprendidos.
CURRICULUM:
-Director do Festival Galego de Cabaré nas súas 4 edicións (Oleiros 2006, Pontevedra 2007 e A Coruña 2008 e 2009)
-Director da Compañía Femme Fatale nas montaxes Lerchas; Pasarrúas Cabareteiro; CABARÉDEAMBULANTE; Varadas, Cabaréncrise e Ronda poética/Batallón Literario.
-Director artístico da Compostela Carpa Cabaré. I Centenario da Feira Rexional Galega de 1909. Festas do Apóstolo 2009
-Programador da sección de rúa nas Festas de Nadal de Ferrol. 2007
-Programador do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol na programación "Noites Efervescentes". Setembro-Decembro de 2007
Outras intervencións:
-Pregoeiro do Antroido. Santiago de Compostela. 2009
-Pregoeiro do Centenario da Feira Rexional Galega de 1909. Festas do Apóstolo. 2009
-Profesor en diferentes experiencias formativas formativas (Proxecto Atagonia, 3º Pé Andar Criativo, Ciclo Son de Pé, Festival Galego de Cabaré...)
CABARÉ3 Produccións
Rúa da Torre 65 3ºD
15002 A Coruña
881 888 931
666 014 494
e digo eu, é posible facelo noutras datas????