Final fantasy X (Ps2 Square 2001)
Abrin este fotolog co mellor final fantasy, o 6, e agora poño o segundo mellor, o 10, e non, non penso poñer o 7, porque non e pra tanto (maldita "xeracion playstation" xD), ainda quedan diante (por este orde) o 9, o 8, e se me apuras o 5
Final Fantasy X supuxo o debut da saga na playstation 2, polo que foi todo un acontecemento, a potencia da maquina de sony logrou que o apartado tecnico de este rpg fora increible pra epoca, xente coma min cagabamos palomitas cando o vimos por primeira vez...
A historia centrase en Tidus, un xogador de Blitzball que un dia ve como a sua cidade, Zanarkand , e destruida por un ser enorme chamado Sinh, de repente é trasportado a Spira, desorientado e sen saber moi ben onde está, tentará volver a Zanarkand
Argumento moi a grandes rasgos, pero supoño que xa o coñeceredes de sobra , e se non o coñecedes mellor, asi non vos desvelo nada
Se vos digo a verdade este xogo marcoume moito, foi o segundo q comprei pra miña recien estrenada play2 (o primeiro foi o tremendisimo silent hill 2) a historia que conta é brutal e o final é, sin duda, o mais currado e mais triste da historia da saga (que non ostia, que ma suda que no 7 palme aerie)
Os graficos son increibles, acordome q sobre todo me sorprendera as animacions faciales, e as secuencias xeradas polo propio motor grafico, as CGs como sempre, tremendas
A banda sonora, composta polo xenial Nobuo Uematsu, é maravillosa, de feito teñoa baixada e escoitoa canda quero desconectar, o tema "To Zanarkand" é, simplemente, perfecto
O sistema de xogo basase en exploracion e combates aleatorios por turnos, cun sistema de cambio de personaxes durante a batalla bastante innovador, otorgandolle un punto estratexico moi agradale.
A evolucion dos personaxes basase nun tableiro de esferas, non habendo niveles, pra servos sincero, creo que foi o MELLOR sistema de desenrolo de toda a saga (ala, botademe os cans)
En definitiva, un xogo que TRANSMITE, esa é a palabra... e punto
TRAILER (feito por algun fan pillado pero chulisimo )
http://youtube.com/watch?v=hWpz_KUkRuwse non o xogastedes nunca, é un dos IMPRESCINDIBLES
preguntadelle a roci a brasa que lle din co puto xogo xD
El X y el VIII son lo peor del mundo. El VII está sobrevalorado, pero aún así tiene una historia increible, el VI es el mejor sin duda alguna.