ROGER DE FLOR PRESENTA O SEU DISCO
O bálsamo de Roger de Flor contra a crise: Naturalidad Silvestre
O cantautor fenés Roger de Flor presenta en dous concertos o seu primeiro disco oficial que leva por título Naturalidad Silvestre. As actuacións celebraranse o próximo día 26 de decembro ás 22 horas no Ateneo Ferrolán e o 3 de xaneiro en Casa Ardá (Limodre - Fene) ás 22.30. Neles este moderno trobador estará arroupado por boa parte dos músicos cos que gravou Naturalidad Silvestre. No Ateneo e na Casa Ardá tocarán o pianista Fran Rey, o baixo Luís Cuba, o guitarrista Cabe García e o batería Seguei Izmailov, aínda que se agarda a participación doutros artistas que a organización mantén como sorpresa. Así mesmo, o día 26 estréase un vídeo sobre o proceso de creación dun dos temas estrela do disco, Días monótonos. O clip está gravado polo realizador Carlos Alberto Alonso e poderá verse a partir do día 26 na páxina web do director http://www.asmuxicas.com/.
Naturalidad Silvestre é a primeira produción do novo selo Discos Felipop, unha auténtica arroutada heroica dos limodreses da Asociación Cultural Felicia en tempos nos que a industria discográfica non deixa de dar disgustos. Naturalidad silvestre profundiza nas ideas de Roger de Flor apuntadas na excelente maqueta Canciones de amor y retranca (2007). Dez cancións que falan de amores non correspondidos, da urxencia de manter o equilibrio mental, da monotonía ou do valor da amizade, esa eterna táboa de salvación en tempos de crise. Olladas serenas e irónicas ante o fracaso convertidas en divertidas melodías inzadas de estribillos memorables grazas ao swing deste popeiro sentimental.
O disco tamén inclúe as pistas dos tres videoclips de Roger de Flor realizados por Alberto Alonso e producidos por Rubén Coca: Una desconocida más, Cuanto hay que aguantar e Os dous amigos.
"Días Monótonos" mp3
http://rapidshare.com/files/152737670/ROGER_DE_FLOR_D_as_Mon_tonos.mp3.html
Cuanto hay que aguantar! Vídeo
http://www.asmuxicas.com/
On December 22 2008
Edit