Nunhas semanas xa estará dispoñible o que será primeiro disco oficial do noso trovador favorito. Como adianto aquí tedes "Días Monótonos" una das cancíons que irán en "Naturalidad Silvestre" e tamén o seu novo vídeo clip “Cuanto hay que aguantar!” outra das cancións que forman parte do disco e na que o bardo limodrés sofre unha insólita mutación, converténdose nun "impersonator" do Sinatra “ratpackiano”. Isto e moito máis nunhas imaxes que toman como decorado a noite ferrolá máis insospeitada e nun vídeo que mestura a “Nouvelle Vague” cun Fred Astaire de mércores de mercadillo en Recimil. O disco sairá de xeito oficial no Nadal e virá acompañado dunha sorprendente presentación en directo o 26 de decembro no Ateneo Ferrolán para continuar o fin de semana seguinte coa súa presenza no Felipop de Inverno o día 2 ó 3 de xaneiro en Casa Ardá.
"Días Monótonos" mp3
http://rapidshare.com/files/152737670/ROGER_DE_FLOR_D_as_Mon_tonos.mp3.html“Cuanto hay que aguantar!” Vídeo
http://www.asmuxicas.com/
ese Roge!