XORNADA 28
4/11/09
SD Antas: Brais, Nando (Juan Carlos, min 90), Alvite, Revivo, Carrera, Chiqui Taboada, Gavi (Santi Senande, min 80), Diego Ramos, Víctor, Adrián López e Barrio (Díaz, min 55)
Sagrado Corazón: Edu, Roberto, Iván, Alejandro, Andrés, Alex, Trigo, Julio, Eloy (Damilola, min 86), Pablo (Javier, min 83) e Óscar (Rubén, min 67)
GOLES:
0-1 Eloy, min 30
0-2 Eloy, min 70
1-2 Díaz, min 90
Árbitro: José Jacome Varela (Lalín) (*)
(-) Moi Mal, (*) Mal, (**) Regular, (***) Ben, (****) Moi Ben, (*****) Xenial
Partido aplazado polo temporal entre a SD Antas e os aspirantes o ascenso a Segunda Autonómica, o Sagrado Corazón disputado no Castro Seoane que cubriu unha boa entrada.
O partido comezou cos locais con moitas baixas aínda que ben prantados no terreo de xogo. Con garra e sufrimento tentaron sacar adiante o partido.
Aínda así os que levaban o dominio do encontro e se acercaban a porta eran os visitantes que, sobre todo a balón parado, gozaban das primeiras ocasións pero sen fortuna.
O partido continuaba trabadisimo no medio campo con moita loita e disputa entre os centrocampistas e un concierto de silbato do colexiado que non permitia ningún contacto.
Nun dos poucos erros da zaga celeste nesta ocasión o dianteiro do S.Corazón, Eloy, ía anotar o primeiro da tarde que diante de Brais define ben.
Os locales estiraron un pouco as liñas e parecian chegar máis facilmente a Edu, pero neste primeiro acto, pouco máis.
Unha primeira parte con pouco xogo e con vantaxe, xusta, visitante.
Comezaba a segunda parte cos locais mais metidos no encontro e sen conceder o balón o Sagrado Corazón, que so en contras creaba perigo a meta de Brais. Nunha das poucas intervencións do meta sacou os puños nunha falta moi ben botada por Alejandro que levaba moito perigo.
Nunha destas contras o Sagrado Corazón ia anotar o 0-2, un tanto polemico e protestado polos locais por posible fora de xogo de Eloy, que batiu a Brais na sua saida cruzando o balón.
A partir de ahí o Sagrado Corazon dedicouse a manter a vantaxe, con criterio tocaba o balón e defendia as poucas acometidas locais.
Diego puido atopar porta nunha falta o borda da area que se foi o traveseiro. Foi Díaz quen, despois dun saque de esquina de Adrián López introducía o balón nas mallas e lle daba algo de emoción a prolongación.
Prolongación que non existiu xa que o colexiado decidiu poñer punto e final o encontro. Despois de 6 cambios e de estar o porteiro visitante tendido no cesped durante uns minutos, non quixo prolongar en exceso o encontro.
Quizais puido rematar o partido en empate pero o final os puntos foronse para a capital e o Sagrado Corazón continua con opcion claras de ascenso.
A vindeira xornada o Friol visita Antas, nun dos ultimos partidos da tempada.
DESTACADOS:
Antas: Revivo e Adrián López
Sagrado Corazón: Eloy e Pablo
puidstes sacar algun punto e o arbirtro pitou dous minutos antes
aer se pa semana ganads o friol!