COMUNICADO DA S.D. ANTAS
3/30/09
Desde a Sociedade Deportiva Antas queremos comunicar que estamos tentando crear categorias de base para o equipo de fútbol.
De cara a temporada 2009/2010 estamos traballando arreo para a creación do equipo xuvenil da S.D. Antas, por eso calquera rapaz, sexa ou non de Antas, que este interesado en formar parte do equipo sabe a onde dirixirse para participar.
Recordade que sodes vos, os rapaces, o futuro do equipo e tendo un equipo de base, os resultados vanse trasladar tamen o primeiro equipo.
Recordade tamén que sodes vos, os rapaces, os que tedes na man a creación ou non do equipo xa que, como sabedes, debemos contar, polo menos, con uns 16 ou 17 para a súa creación.
No equipo, aínda que sexa de categoría xuvenil, poderían participar xogadores máis novos, cadetes ou incluso infantiles, aínda que so 5 poderían ter ficha federativa en categoría superior. Así que, se ainda sodes cadetes, non dudedes en participar tamén porque tamén podedes entrar no equipo.
De momento, sabemos de rapaces que están interesados, así que se máis vos sumades, a creación do equipo estará cerca.
Para máis información: sociedadedeportivaantas@yahoo.es
SOCIEDADE DEPORTIVA ANTAS
aer si se da creado ese ekipo!