XORNADA 23
3/9/09
OURAL S.D: Marcos, Uxío, José Luis (Roberto, min 69), Manuel, Moure (Gayoso, min 73), Lois, Pilís, Liz, Turri, Juan e Isaac
SD ANTAS: Brais, Barrio, Nando, Chin, Revivo, Alvite, Santi Sarandeses, Adrián López, César (Santi Senande, min 59), Víctor e Gavieiro
GOLES:
1-0 Juan, min 25
1-1 Uxío en propia porta, min 60
1-2 Roberto, min 80
Gran partido o vivido no Luis Ferrín entre dous equipos bastante distanciados na taboa pero que neste duelo existiu máxima igualdade e a victoria puido caer para calquera bando. Os celestes (esta vez da blanco) plantaron cara a un dos candidatos o ascenso a Segunda Autonómica nun gran partido onde non se viron as carencias vividas en toda a tempada.
Comezou o partido eléctrico e con dominio visitante que mantiña o balón no seu poder e facía boas aperturas pero sen ser moi vertical o seu xogo. Ademáis fíxose forte no medio campo onde traballou moi ben Adrián López e Chin na recuperación.
Os locais, dado que o Antas tampouco remataba de chegar os dominios de Marcos, tiveron moi boas pinceladas, sobre todo pola esquerda de Turri que nalgunha internada puido poñer en apuros os celestes.
Aínda con todo, Víctor e Gavieiro non atinaron a rematar sendos centros de César e de Santi Sarandeses que levaban moito perigo a Marcos. E así, o primeiro disparo con perigo aparecia nos locais, un bo disparo de Pilís desde a frontal topabase coa primeira intervención do día de Brais, o mais destacado dos visitantes.
A partir de aí o Oural viviu os seus mellores momentos, ainda que o Antas aguantaba as acometidas cunha boa defensa. Un balón longo a espalda de Revivo (outro dos destacados) deixaba a Juan so diante de Brais, unico "fallo" defensivo do día e outra vez por debaixo no marcador como sempre. Juan non falla e bate pola esquerda a Brais. Era o 1-0.
Noutros partidos, noutros campos e noutras xornadas o Antas viriase abaixo e a cousa podería pintar moi tranquila para os rivais pero esta vez non foi así e incluso antes do descanso se puido empatar pero non era o día dos dianteiros do Antas. Un batalloso Gavieiro non bastaba ante os centrais do Oural.
Na reanudación, os visitantes volveron a sair enchufados e froito deso, seus foron os primeiros 10 minutos da segunda parte. Así nunha falta botada por Santi Sarandeses, pegaba en Uxío e colabase pola escadra dereita de Marcos. Empate xusto no marcador a un gol.
Era de esperar que os visitantes lle viñese o baixon fisico, e eso propiciou o dominio local con grandes xogadas por banda e boas ocasións a balón parado pero atopou o Oural sempre a boa resposta de Brais nas suas intervencións.
Todas menos unha, e no momento máis adecuado para non atopar resposta. Centro desde a esquerda de Turri o segundo pau e Roberto con gran clase e decisión empalma o balón xenial, e marca o mellor gol da tarde de volea cruzada deixando os visitantes sen os puntos. Tanto remar para morrer na beira...
O final os puntos quedaron en Oural, pero os visitantes fixeron esforzarse sobremaneira os candidatos o ascenso, deixando unha gran imaxe que nada ten que ver coa humillante derrota en Castroverde.
Para a semana, o Antas recibe a outro dos que tentan subir, a Comercial de Lugo.
DESTACADOS:
OURAL: Roberto, Turri e Pilís
ANTAS: Brais, Revivo e Chin
E-X-T-R-A-O-R-D-I-N-A-R-I-O