close
You will be charged 0 for this gift when you post your comment.
This gift will be added to your comment for free!
 

cruelladevill's Fotolog

Friends/Favorites

coloreaame's photo from 12/31/09
12/31/09
cOlOrEs pOR todOs!, Gracias a Dios, Honduras
o0o0o__luthien's photo from 12/31/09
12/31/09
Monte Alto Independent …, Galicia, Spain
orzoguay's photo from 12/17/09
12/17/09
León-Coruña, Neutral Zone
chuchilu's photo from 12/6/09
12/6/09
república independiente, Eschen, Liechtenstein
felip0p's photo from 11/1/09
11/1/09
Felicia, Galicia, Spain

Groups

cruelladevill hasn't added any groups to their Friends/Favorites list yet. Explore groups here!
Foto dende o tren
Permalink | Share: Email Facebook Other

Foto dende o tren

4/23/09
Estou a piques de morrer de calor nas Rías Baixas e aínda encima, o finde que nos imos de ruralismo, vai estar chovendo. Non hai dereito!!
Ó chegar a casa onte ó mediodía medio afogada, lembreime de Nines, que está embarazadísima e pensei que chegaría á casa medio derrengada. Pero nada, ela chegou toda rufa subida nos seus tacóns e dicindo que non fai tanta calor. Eu debo de estar feita de material de refugallo.
Pola tarde-noite quedei con Mari e con Conchi que me levaron a un sitio estupendo con terraza nun xardín moi chulo e alí estivemos tomando unha caña.
En Vigo non paran de pasar cousas pola rúa. Onte cruceime cunha manifestación contra o cambio climático e para promover o consumo responsable e o transporte público. A manifestación consistía en dous paisanos disfrazados como Ramón no entroido e unha pancarta, que daban voltas ó redor da rotonda da praza América e unha rapaza cun megáfono dicindo que non comprásemos cousas que non nos fan falta.
Ó cruzar a C/Coruña atopei un predicador facendo a súa labor pastoral alí nos xardíns ós que chaman O Desgüace, porque están alí tódolos vellos a pasar a tarde. Polo visto, no verán organizan ata partidas de bingo con premios como unha botella de aceite, unha caixa de galletas...
No traballo, hoxe estiven practicando co compresor que hai no taller para intentar montar un circuíto de pneumática que logo fagan os alumnos pero non fun capaz, creo que o compresor non vai ben (eu nin idea, pero foi o que dixo a outra profe de Tecnoloxía, que era a que me estaba explicando como facer).
Así que non vou poder facer cos alumnos o circuíto no mundo real, teranse que conformar con facelo co simulador no ordenador

Hoxe quedei para comer en Pontevedra co meu mozo e mañá voltarei a casa a desfacer unha bolsa e facer outra para irnos de ruralismo.

Bicos mil

Guestbook Comments (2)

Interesante ese bingo veraniego...

Parece Vigo una ciudad bien entretenida, tal y como cuentas...

Yo, mejor, en casita: por lo menos de momento.

Pasarlo bien este finde, chatox!

(Ah! y si llueve, a practicar el ruralismo casero, pues)

Bikox

Su

To leave a comment, please log in by clicking one of the following


or join Fotolog now - it's free!
Connect
(for comments only) or join Fotolog now - it's free!