close

Member Login

Please log in to cast your vote for conto_do_mar.

Forgot your password?
 
close
You will be charged 0 for this gift when you post your comment.
This gift will be added to your comment for free!
 

A HISTORIA INTERACTIVA. http://escrito-a-lume.blogspot.com

conto_do_mar's photo from 6/1/07
Permalink | Share: Email Facebook Other

6/1/07
Abride outra xanela e clicade no enderezo da "cancion" para deleitaros mentres vos introduzo na seginte historia historia

http://www.goear.com/listen.php?v=c9afad5 MICHAEL NYMAN el piano

Guestbook Comments (17)

Pechou a porta e saiu de casa, era unha rapaza galega ,do seu tempo, inquieta e con as ideas claras , e como rapaza do seu tempo tiña ganas de divertirse pero tamen de cambiar algo as cousas na sua terra, e de atopar un traballo que lle dera algo de estabilidade, non moita como para afincarse xa nun sitio, pero si a xusta como para pensar en proxectos a medio e longo prazo. Gustaballe a musica dos 70 e todo o que non soara a comercial, tiña unha gata na casa a que lle chamou haize”vento” en euskera quizais porque asemellabase a ela. Acabara socioloxia en A Coruña e… queria marchar fora para aprender un idioma que lle valera para moverse polo mundo pero, tampouco queria perde-lo tempo...(Continuade vós)

Mais o tempo seguíase a consumir.
Saíra da casa pero non para marchar ou fuxir... fechar a porta da súa casa supoñía abrir a porta da mal chamada cidade de cristal, que para ela comezaban a facerse punzantes e afiados cantos de botella.
As botellas que limpaba no bar onde traballaba.
Outra noite máis.
Carne de cañón nunha barra do Orzán, a 40 euros a noite. Tres veces á semana dáballe un salario de 520 € ao mes... non está mal, pensaba, e me dá para facer outras cousas...

Acabara de botar unha soneca antes de ir traballar asi que mentres o limapaba e adecentaba as mesas puxo a soar un grupo que lle gustaba flogging molly

http://www.goear.com/listen.php?v=95dcd99

Ao tempo que aquel grupo começava a acelera-los compasses e faze-los mais estrondosos, os seus miolos forom voltando ao mundo, a centra-la nessa roda hosteleira de sorriso permanente, de velocidade, de precissom e de voa-lo tempo até chegar, esgotada, á hora de peche.
Passando um pano cumha pinga de xenebra, sobre as mesas ainda de formica, lembrou a noite anterior. Nom atopava umha raçom séria para se lembrar. Fóra um día normal, com pouca parroquia. Umha noite de cans, cortesía do vento molhado que enche as rúas do Orçam as noites de temporal. Máis a cada pouco, umha punzada nos adentros obrigávaa a procurar algo, um sucesso ou coisa dessa jornada passada.

á vez o reprodutor voara no méio de gargalhadas, fume, copos verquidos ao chao e viagens ao banheiro instalandose na derradeira cançom do cd.

http://www.goear.com/listen.php?v=df1f180

Esa noite prometía...
O peor de cada noite entre xeos e cristais é que a coitada ía botando LK´s ás agachadas... para o seu escote.
Xa estaba animada.
Esa noite prometía...
O mesto brevaxe, a combinación de glucosa con cafeína e alcohol dubidosamente destilado espertaba nela instintos de mantis relixiosa... había de haber cacería nocturna.
Botou a reixa... non sen antes repasar o seu maquillaxe... deitar fora o sostén, mudar as zapas por tacóns de medio palmo e deixar o pelo solto.
Metamorfoses pestruchas.
Había de haber cacería nocturna.
Chimpou o derradeiro copo de balde en vaso de plástico e escadou a antiga montaña de Monte Alto.
O Mardi Gras era unha revolta de xente.
Atopou á súa presa... alí estaba, no escenario, bailando cun toque algo exhibicionista.
Achegouse a ela.

-Apetéceche un zarpazo?

A xornada laboral remataba no baño do Mardi... cunha completa descoñecida... as lexións do LK e da cocaína ían chegando ao seu torrente sanguíneo.

Houbo máis que palabras.

Ali no Mardi atoparase cuns colegas alguns feitos pola noite, outros de faculdade e outros do efeito"bananarama".
Un deles era Xoan, rapaz de Compostela que fora A Corunha a fazer sociologia foram companheiros de faculdade e tambem o foram de piso. Amizade esta que tamen se fora formando pola noite.
A Xoan gustaballe o ska e raggamufin grupos como Working vibes
http://www.goear.com/listen.php?v=6319188

Dr.Ring Ding e demais.
Xoan estaba estudando unhas oposicións para o grupo B do Concello de Corunha, e seguia vivindo no mesmo piso que compartira hai anos con sabela

O alcohol, a musica, facia que todos e cada un deles mesturaranse nunha oleaxe sen destino. Mais alcohol, mais musica, mais drogas, mais sexo, mais todo! Como se fora a ultima noite das súas vidas. Unha noite mais que a maña seguinte non recordarían con claridade. Nesa noite, todo estaba permitido.

Recordos de antigas historias de facultade van forxando pouco a pouco novas historias. Non son historias sexuais, non son historias de amizade, non son historias de bar... son simplemente historias, que dan cabida para unha ampla gama de oportunidades.

mais coma todos nesta vida eles tamen tinhan secretos que agochar,un extranho suceso bruialhe na sua cabeza comezaba a lembrar,quizais polo efecto das drogas e un arrepio empezou a percorrer o seu corpo,quizais efecto das drogas pero ela sabia que non era iso...
http://www.goear.com/listen.php?v=6d13012

Sem os lentes solares, os seus olhos sentianse feridos ante as luzadas da manha. Xoam esvaecerase, a rapaza do banheiro do Mardi tambem. O dono do after espertáraa para poder fechar. Sentíase tensa, alarmada, nom polo feito de se adormecer cum cubata no colo, nim por ter perdido o bolso. Depois dumha noite edonista e merecida pelexavase por recuperar um fato de horas que a súa caixa negra nom rexistrara e nas que residía o orixe do desacougo estranamente acompanhado dum fondo prazer.

Quando meteu as mans nos petos do vaqueiro para tira-las chaves da casa maldixo tódolos trámites burocráticos que ía passar para palia-lo estravío do bolso. Ao abri-la porta da casa no espelho da entrada viu o seu proprio rosto. Marcas inconfundiveis da noite, peganhento rimmel e restos vermelhos. Ela nunca pinta os beizos.

Ja na habita, arrincouse a roupa; as andrómenas que lhe roerom o cerebro toda a noite comezavam a marchar, tambem eles precissavam descanso.

http://malandromeda.com/podcasts/osEstranos/10MalDasAlturas.mp3

Deitouse sobre a cama.
Escoitou brevemente o motorciño de haizevento, que quizais algo desorientada viñéralle dar os bos días... ou as boas noites.
Lembrouse de ela. Mudoulle a auga... abriulle unha lata desas delicathessens felinas que tanto lle gustan... ou iso parece.
As gatas non falan. Unha mágoa, porque quizais Haizevento tivera unha conversación moito máis sinceira, moito máis interesante e moito máis profunda que todas esas conversas do mundo da noite.
Comezaba a estar un pouco farta. Sentía que o seu intelecto comezaba a estar un pouco famento de conversa... de desafíos... de intelixencia, ao fin do cabo.
Nos bares non se fala de nada interesante. Quizais teñamos a catro cativos de 17 anos discutindo aínda sobre o socialismo, o comunismo, a autodeterminación ou o independentismo.
Que carallo saberás ti, mequetrefe do que aconteceu na terceira e na cuarta internacional; pensaba ás veces para os seus adentros, mentres escoitaba as simplezas e desvaríos dos rapaces de cabeza afeitada.
Namentras pensaba todas estas cousas miraba polo ventanal da cociña.
O mar do Orzán, en toda a súa plenitude parecía querer entrar na cidade, invadila, botar abaixo esa pailanada de paseo marítimo, entrar como un tsunami e asolagar as rúas... subir dous pisos e inundar o seu corazón, que ora taquicárdico, ora encollido polos pensamentos, sentía unha resonancia húmida.
Teño que mudar de pel. Teño que deixar de limpar cristais. Agarda o meu tesouro.

...

A cocinha cheiraba a cafe recen feito, abrira o frigorifico e colhera o brick de zume de laranja, sabela coa cabeça dorida da noite anterior daba-se conta que a sua vida debia de mudar, mais tarde ou mais cedo mas debia de mudar ja nom aturaba tanta monotonia, sempre o mesmo incluso a diversom ja era rutinaria, mais do mesmo sempre, mentres fumaba um cigarro e olhaba cara a janela via aquel mar que a chamava

Sempre mais do mesmo...

Precisava de mudar, de partir, de abandonar-se a si e aos seus, deixar a vida antiga e partir para uma nova, escolhida do zero por si, feita do zero por si. Mas ao mesmo tempo pensava nem tudo é assim tão fácil e as vezes tinha receio. Mas sempre havia sido corajosa e decidiu-se a enfrentar o novo mundo. Necessitava de partir porque a sua terra não lhe dava alento, sustento. Precisava de o procurar, mesmo que quiçá nao o encontrasse. Precisava de ir e ver para crer. Precisava de mudar... O seu mundinho não a satisfazia, nem tao pouco o mundinho que a rodeava. Era demasiado pequeno e insalubre para si. Sempre tivera pensamentos grandes e aventurou-se a conquistar o mundo.

To leave a comment, please log in by clicking one of the following


or join Fotolog now - it's free!
Connect
(for comments only) or join Fotolog now - it's free!

Friends/Favorites

ocastro's photo from 12/3/09
12/3/09
R.I. Coia, Galicia, Spain
sonrabixa's photo from 12/1/09
12/1/09
en tierra de nadie, Galicia, Spain
misisu's photo from 11/25/09
11/25/09
pontevedra, PF99, Paracel Islands
tatigarcia's photo from 11/25/09
11/25/09
Paris & Galicia, Île-de-France, France
tio_tanamo's photo from 10/14/09
10/14/09
Monte Alto, Turkey
galegodecabare's photo from 10/2/09
10/2/09
A Coruña, Neutral Zone

Groups

conto_do_mar hasn't added any groups to their Friends/Favorites list yet. Explore groups here!