11/19/09
Dimisión, dimisión...
dimisión, dimisión...
Es o que cres e non cres o que ves,
por moito que tenten levarte no rebaño
sabes que a súa visión é partidista
e pensas libre xa que eres libre
Distorsión nos contidos, distorsión na mensaxe,racha cos fíos do engano da súa mensaxe
O ben falante, o ben pensante,
autómatas estereotipo alienante.
Tentas abrir os ollos do que na noite
ve anhelado un marabilloso día
quítaste o trapo que todo o tapa
e daslle lume contra a súa mentira
Obedecer, comprar e non criticar,
non vaia ser que se che de por pensar,
"se bien pensante, se bien hablante"
autómata estereotipo alienante
¿Tiveches un mal día?
Nós podemos darche o que necesitas...
farsa, mentira, manipulación informativa...
Nós sómolos amos, pero ti tes o mando...
A pasalo ben!!!!