Mañá mércores día 7 de maio ás 20:00, o ciclo PRIMAVERA DE CINE, que se ven celebrando no Cine Dúplex (Travesía Moreno nº 3, Ferrol) dende fai un mes, entra na súa segunda fase, tocándolle o turno as obras de temática amorosa. Para inaugurar tan romántico ciclo, CAAlonso presentará as súas curtametraxes rodadas en formato de 35 mm, “The End” e “As Muxicas”. A primeira delas pouco de sensibilidade amorosa destila, mais ben todo o contrario, e a segunda, pois sí, ben podería definirse coma unha historia de amor e morte, ¿por que non?.
En calquera caso, será unha oportunidade única para poder disfrutar destes dous traballos no seu formato orixinal. “The End” so foi proxectada -que se saiba- en dúas ocasións no seu formato orixinal, no CGAI no 1994 e no O.F.F. de Ourense no 1996. E “As Muxicas” sí, foi proxectada polo mundo adiante en infinidade de ocasións na súa versión celuloide, pero en Galicia só nunha ocasión, no Festival de Cine de Ourense do ano 2003. Queda un pouco estraño falar de copias en 35 mm nos tempos que corren, pero en fin. Que conste que estou facendo verdadeiros esforzos por reconverterme... A verdade e que a diferencia de vela en DVD a desfrutala no orixinal, é notable. Así que, xa sabedes, estades todos convidados.
Texto extraido da súa web:
http://www.asmuxicas.com/
E despois, Lolita, de Kubrick. Me parece que sobran as palabras... e xa sabedes, todo isto, de gratis, na súa versión orixinal subtitulada, mañá a iso das 20'00 h. no Duplex.
A programación completa do mes de maio será -por tanto- coma sigue:
Día 7 - THE END + AS MUXICAS CAAlonso + LOLITA Stanley Kubrick
Día 14 - PERVERSA LOLA Sonia Méndez + IN THE MOOD FOR LOVE (Dut Yeung Nin Wa) Wong Kar Wai
Día 21 - YOU LOOK RIDICULOUS IN THAT MAKEUP Juan Junquera + FUCKING ÅMÅL (FUCKING AMAL) Lukas Moodysson
Día 28 - ETERNAL SUNSHINE OF THE SPOTLESS MIND (Olvídate de mí!) + HUMAN NATURE Doble Sesión Michel Gondry
----------------------------------------
PRIMAVERA DE CINE
TODOS LOS MIÉRCOLES A LAS 20'00 h. - ENTRADA GRATUITA -
CINE DUPLEX (Esteiro)
C/ Travesía Moreno, 3
Ferrol
Programa completo PRIMAVERA DE CINE:
http://www.ferrol.es/documentos/Primavera%20de%20cine.pdf
----------------------------------------
whisperdontcry said on 5/6/08 11:51 AM …
Sí, el mes del amor, pero nada de jipieces, eh!!!
Coitos y cigarritos sí, también amor no correspondido y entre personas del mismo sexo, pero no me conviertan esto en Woodstock...