2010 o ano do celtismo (Corazón Celeste)
[i]Nova entrega de "Corazón celeste", desta volta a cargo de rouquinho_volve, que repasa o acontecido na última e axitada semana en casa Celta e na que segue coa ilusión e a esperanza de que o 2010 sexa o noso ano. [/i]
[i]O certo é que como eslógan non é que sexa o máis orixinal do mundo, pero é boa verdade que tal e como están as cousas, todo parece que nos vén de face... E é certo que nos roubaron o partido coa Real (non estou dacordo en absoluto que xogaramos mal nese partido, o que pasa que o calvo do árbitro veu a nos "axudar"), pero bueno, a boa imaxe que o Celta leva dando toda a tempada, ven, neste caso, acompanhado de boas sensacións e de goles... Eliminamos de xeito sorpresivo a todo un Vilareal na súa propia casa, facendo un gran partido (malia que as crónicas só vaian falar do penalti a Botelho, como pasou naquel gol fantasma de Canobbio no cuernabeu, sen reparar en que 10 minutos antes nos esquilmaron un que era expulsión de Diego López), e non só iso, ademais, sendo mellores ca eles no global da eliminatoria.
Os resultados comezan a acompanhar, e, agás o borrón que temos en Balaídos, onde non rematamos de arrincar de todo, o certo é que o equipo está a respostar... E o que fai identificarse máis á xente, e que probablemente sexa máis importante, todo logrado con xente da casa, xente con ansias de demostrar que a canteira o vale de verdade...
Seguro que todos lembrades o partido do Alavés que nos deu a permanencia a tempada pasada, pero cecais non moitos lembrades as verbas de Manolo Canabal dicindo (acertadamente, e iso si que é noticia jeje) que máis cá permanencia en si, a real boa nova fora que se producira con rapaces da casa, que aseguraban o futuro da entidade... Quen nos ía dicir o proféticas que ían se-las súas verbas!!! O outro día, en Vilareal, o Celta podería ter xogado cun once con rapaces do filial... Si, si, cos rapaces que anos anteriores estiveron na Madroa!!!
Hai pouco lin nun foro do Celta que identificarse con Mosto ou con Revivo era moi sinxelo, independentemente da nacionalidade que tiveran, polo que supunha o xogo do Celta, e porque realmente era unha pasada ollalos. E non lle falta razón a esta afirmación!!! Pero non podemos lembrar que ese foi un Celta que nos fixo sonhar e que durou até que se acabou... A nosa realidade de toda a vida é outra... Probablemente non sexa a de estar loitando por non baixarmos á 2ªB, pero si pelexando por estar entre os mellores con xente da casa, xente que se identifique coas nosas cores de verdade, non Diegos Costras e xente polo estilo.
E o próximo capítulo deste renacente celtismo (o sábado máis de 11000 persoas en Balaídos para a segunda, nin se lembraba isto) será no Calderón o vindeiro xoves... As penhas de Madrid e arredores xa se mobilizaron como era de seu, pero incluso o celtismo viaxeiro vai acudir para un partido entre semana... Renacemos coma o fénix... E esta vez para ficar para sempre!!!
FORZA CELTA[/i]
[u]EL CELTA JUEGA HOY UN AMISTOSO EN PONTEAREAS[/u]
Un combinado de jugadores del primer equipo y las categorías inferiores del Real Club Celta se medirá este lunes en A Lomba (19.30 horas) al Cultural Areas, partido amistoso para acercar al Celta a su numerosa afición en la zona y que servirá para 'rodar' a jugadores como Danilo, Sergio Ortega, Michu, Dani Abalo o Catalá. El técnico céltico, Eusebio Sacristán, también tendrá con este encuentro una oportunidad más para ver en acción a numerosos jugadores de la cantera celeste.
[u]GRAN FINAL DE LA COPA DE LA PORRA[/u]
Llega la ida de la gran final de la Copa de la porra a la que opositan kabaleiro_1986 y groucho77. El ganador tendrá acceso directo a la champions 2010-11 y el subcampeón participará en la UEFA 2010-11. Suerte y que gane el mejor. Los partidos para esta jornada están en la actualización anterior.
[u]PON NOTA A LOS JUGADORES DEL CELTA- REAL SOCIEDAD[/u]
Desde hoy podéis puntuar a los futbolistas celtiñas que jugaron ante la Real Sociedad. Recordad que debéis ser objetivos y votar en función de este partido, no de la temporada ni de una trayectoria ni por afinidades personales. Por favor, en la medida de lo posible evitad votaciones exageradas como ceros y dieces para desvirtuar la votación. Se trata de que nos acerquemos lo más posible a la objetividad. Gracias. Riera, que estuvo muy poco tiempo, no entra en la valoración.
* FALCÓN
* HUGO MALLO
* TÚÑEZ
* JORDI FIGUERAS
* ROBERTO LAGO
* BUSTOS
* LÓPEZ GARAI
* ASPAS
* SAULO
* TONI
* JOSELU
* TRASHORRAS
* BOTELHO
On January 18 2010
Edit