tiven o soño máis raro da miña vida... ou o máis raro ou o máis bonito. non sei ben que pensar.
volvía do super cargada de bolsas e chovía. o meu edificio está inzado de cans, non é estraño atopar 2 ou 3 cadelos por vivenda (si por vivenda). abrín a porta do ascensor tareando e atopei cun dos cans dentro. un dos pequenos pulgosos que vive enriba de min e que disfruta rañando o chan para espertarme... estaba sentado e cando abrín a porta miroume directamente aos ollos. "boas tarde Eli". non reaccionei e o animal comezou a darlle á cola e repetiume outra vez a frase... logo engadiu: "queres facer unha pequena viaxe no tempo? queres ver parte da túa vida DENDE FÓRA?" eu sempre quixen e ademais que se o cadelo falaba e o sabía... que tiña eu que perder? o meu SI foi rotundo. levoume de paseo. as rúas, as cidades semellaban ser as mesmas... pero no tempo non. e vinme dende fóra, camiñando seria coa música a toda pastilla ou escribindo de noite á luz dun flexo. bailando cos ollos pechados. e de súpeto, nesa conta cara atrás na miña vida puiden verme escribindo, dicindo iso de "gústasme" ou "estoume namorando de ti" mesturando o tempo e as situacións. de banda sonora o bum bum intenso do meu peito. o brillo nos ollos, o medo a mirar neles. o bicos errados, os acertos, as risas. e o reloxo do tempo para atrás e para atrás. a ilusión. os celos, ver como alguén que me gustaba tonteaba ou se ligaba... a arte de disimular, a verdade é que nalgún momento da miña vida me tiñan que ter dado un oscar...
é unha sensación rara verse dende fóra, como se non foses ti... ver como bicas, como amas. ver como choras cando non consigues un soño, as viaxes, o instituto, ver como te cabreas por tonterías, como pides perdón, como abrazas a teus pais. ver como xogas ao fubito ou voas na bici... volver ver a meus avós... a roda do tempo cara atrás, máis e máis. de súpeto o tempo vai a cámara lenta. estou no patio do colexio, non teño máis de seis anos. os raios de maio e ando a xogar nun columpio. estou a sorrir. estou de costas e non me dou conta de que hai alguén máis ata que sinto uns brazos rodeándome. esa creo que foi a primeira vez que me namorei. sen saber o que era o amor, sen saber nada. só sentir. esa sensación de que pode tocarche a alma, pero non o sabe... os anos de silencio. só mirar, para coñecer o único que necesitas é observar cando non se dá conta...
Clovis - Mundo
http://www.goear.com/listen.php?v=7e5187d
despois dese paseo o cadelo e eu volvimos para casa en silencio. "gracias, agora xa me lembro de por que sempre que me gusta alguén llo digo, sirva ou non de algo".
non hai peor cárcere có silencio
http://aultrenarai.blogaliza.org (actualizado)
winter_soldier said on 5/15/08 8:09 AM …
nisto estamos dacordo
gattidiroma said on 5/15/08 8:15 AM …
ains!! cagada de paloma fria, a profe vaime matar!!! :(
vou San Ero a tomarlle unhas cañas, c´ets la vie!!
deseando verte!!
abrochando said on 5/15/08 8:25 AM …
Lo mejoR, cLovis de banda sonoRa xD
komandokocho said on 5/15/08 9:08 AM …
xusto vin esa peli o domingo!
:) nuria
iriparis said on 5/15/08 12:10 PM …
Eu non adoito soñar moito, pero cando o fago son cousas máis raras...
builder said on 5/15/08 12:20 PM …
perros = lobos amaestrados??
http://www.youtube.com/watch?v=MZp72RaTk58
meighallos said on 5/15/08 1:07 PM …
Que soño tan lindo, Eli,
conseguín leelo ata o final!
Moitos biquiños!
aultre_narai said on 5/15/08 1:20 PM …
despois de colgalo xa me din conta de que me liara de mala maneira... en fins... XD
Canis lupus familiaris... é a súa denominación latina.
eu sinceramente prefiro pensar que ou ben os cans nos teñen domesticados a nós(véxanse esas ratas peludas ananas comos os Fox Terrier que son uns manipuladores.... con choromicar un pouco xa consiguen o que queren... arrrggg! non os soporto) ou que existe un acordo non firmado entre as dúas razas... eles téñennos domesticados e nós a eles tamén.
dálle de comer a un can e cariño e seguirate a todas partes. seino por experiencia, non hai animal que represente mellor o concepto de lealtade e fidelidade inquebrantable. moitas veces as persoas somos lobos despiadados e os cans son humanos con corazón.
alá, outra canción pro maletín! :P
cantaruxa said on 5/15/08 3:17 PM …
quero unha chaqueta coma a desa pequena e un soño coma o teu.
eu non sei por que cando me gusta unha persoa nunca llo digo.
media_diana said on 5/15/08 3:28 PM …
cap ou pas cap? Soa La vie en rose. :)
meighallos said on 5/15/08 5:02 PM …
Jojo, ninjén me supera en ensaladas cundentes, eh?
As miñas son multiculturais a tope!
Fumo aljún que outro pitilliño de liar as fins de semana,
é dicir, ben pouco ;P
aultre_narai said on 5/15/08 5:10 PM …
e como cho agradecederán os pulmóns! xDDD
meighallos said on 5/15/08 5:17 PM …
A putada e que afojo igual, que aire, aireee, aireeeeeeeeee!!
(e que ando moi estresada mentalmente ;P)
hi_sister said on 5/16/08 2:36 AM …
q soño mais impresionante
eu esta semana non paro de soñar cousas absurdas comao q vou a voda de miña nai pero de camiño paroa nun bar a preguntar se atoparon o meu cepillo de dentes.
bicos
aultre_narai said on 5/15/08 7:03 AM …
a foto é da peli Jeux d'enfants (Quiéreme si te atreves). ten moito rollo Amélie... pero non está mal.
bo xoves per tutti que parece que despexa!