“Lars é un mozo extremadamente tímido e doce que vive nunha pequena vila co seu irmán e a súa cuñada. Un día por fin leva a cear a casa á muller dos seus soños. O problema é que Bianca (non había outro nome máis feo?) é unha boneca que encargou por Internet, aínda que Lars a trata como se fose unha persoa real. Animados por unha doutora e no esforzo de intentar comprendelo e axudalo, a súa familia decide seguir coa fantasía de Lars. Ao final participa toda a vila.”
Coldplay – Violet Hill
http://www.youtube.com/watch?v=vcCeQDJSFiQ
Soñei o que non soñei nun mes. Remorsos? Tod@s fuximos de algo, eu á cabeza de todos.
Morro de curiosidade por saber porque Lars se inventou este delirio. Pode pasarnos a calquera? Oxalá que non, senón imos aviados…
http://aultrenarai.blogaliza.org
gattidiroma said on 5/13/08 7:48 AM …
tranquila muller qe ainda qe estamos un pouco chaladas non
chegaremos a eses extremos!!
ti como moito refuxiariaste nos teus cans e
eu acabaría sendo a tola dos gatos dos simpson......jejejjeje
:D
aultre_narai said on 5/13/08 8:02 AM …
weno, eu dicíao en xeral... que ultimamente pequei de vítima e non é iso tampouco.
non?
hi_sister said on 5/13/08 8:12 AM …
malo sera acabar coma o da peli
-bicos
monatora said on 5/13/08 8:44 AM …
mal sera q rematemos asíjn......ains!!índa e martessssssssssss
winter_soldier said on 5/13/08 8:50 AM …
eu creo que todos temos os nosos medos e diaños internos, a veces loitamos e vencemos, outras perdemos, e a maioria acabamos convivindo con eles.
aultre_narai said on 5/13/08 11:11 AM …
eu non podo vivir con medo... mátame. o medo só desaparece cando escoitas ao corazón, cando pensas con el e non coa cabeza. só así. non coñezo outra fórmula infalible, alomenos aplicable para min.
menos mal que eu sempre teño un as na manga.... xD
lobisome said on 5/13/08 2:14 PM …
pobre lars...
ou afortunado lars???
0ko said on 5/13/08 2:48 PM …
é unha historia real?
lumf said on 5/13/08 2:53 PM …
Entráronme ganas de ver a peli. Que curiosa!
Tranqui, que iso non pasará moi a miúdo
cantaruxa said on 5/13/08 6:28 PM …
ui... eu espero botarme pra diante antes... eh?
;b
aultre_narai said on 5/13/08 7:42 AM …
o tráiler:
http://www.youtube.com/watch?v=o5B0ooIyvjM