reconstruindo a miña vida eu soa. sentindo que perdín unha vez máis, que ando a botalo todo para fóra. diluvia mentres eu por dentro estou máis seca que o Sahara. conformame coa distancia auto-imposta e preguntar aos ollos que viron mentres soño esperta con que apareza de entre sombras no Trole, saltar a barra para darlle unha aperta...
molleime onte pola tarde. drógome a base de paracetamol, os virus levan semanas atacándome, querendo atravesar a barreira invisible que me protexe. saben que ando baixo mínimos, xa me colleron desprevenida en novembro, esta vez non será sen porllo difícil. e só teño ganas de irme lonxe para volver pisando tan forte que retumbe toda a cidade ao meu paso. non fuxo, quero e necesito aventura.
música en vena, isto de pinchar a min paréceseme a conducir, o embrague, as marchas (a todo isto que eu non teño nin puta idea de condución). bailar co Dandy ata as mil, as noites improvisadas sempre saben mellor.
http://www.youtube.com/watch?v=zqhtXO_DaaI
http://www.goear.com/listen.php?v=76404ea
esta vida empeza a quedárseme pequena, haberá que ampliar fronteiras pouco a pouco. algunha suxerencia (ademais de que me vaia)?
http://aultrenarai.blogaliza.org
monatora said on 4/19/08 10:10 AM …
jajaja paso de levar camara q non ovu poder con ela,seguro q Miriam a leva por min...a min xa me parece un coñazo sacala....ven ti cunha o Monte,e deixome q me saques fotos ;P
scu said on 4/19/08 11:33 AM …
fai unha hora que me levantei
(resaquilla)
&
neobrufén
xDDD
:-p
scu said on 4/19/08 12:17 PM …
as once, vaia, case case á hora a que cheguei eu a casa xD
hahahahahaha
seguro que cando deixes de buscalo aparecera desperdigado por ai xDD
:-P
aultre_narai said on 4/19/08 12:54 PM …
jojojojo mi madriña!!
gattidiroma said on 4/19/08 3:00 PM …
ains, noches alegres mañanas tristes!
XD
iriparis said on 4/19/08 9:52 AM …
Loita sen remedio!! que eses virus non entren máis do debido.
arriba ese ánimooo.
Por certo, non sabía que eras "pincha" xa me invitarás a oír algunha das túas actuacións eh!
un biko e a coidarse!