- « Previous
- Next »
Pois si, ao final atopei o camiño para volver a casa. Despois da semana máis chunga que tiven non estaba moi segura de como me ía saír a pinchada… Paseino teta e a xente gustoulle. Acabamos no Roclú botando risas. As miradas cargadas de amor de nutrias, ver á xente feliz e disfrutando da vida bailando. Agora entendo porque os dos Torgal sodes unha gran family. Ao final voume pasar todo o verán en Oucity por “motivos de traballo”, ou sexa a miña queridísima carreira que cada vez e paso a paso estou máis preto de rematar. O día que cruce a meta non sei a vou armar… xa vou avisando. Apetéceme estar soa aquí na city, aínda que me vou cocer. Necesito ser loba esteparia neste inferno de cidade, curar as feridas vellas sen morder e mancar a ninguén da miña familia. Jódeme non irme para a Peroxa… o único bo é que me salvo da molesta alerxia de todos o veráns veranea no meu nariz e que teño a bici aquí comigo. Esta semana xa non nos despegamos, e non a meto na miña cama porque que non podo… que se non…
The Ting Tings - Great DJ
http://www.youtube.com/watch?v=myJnsqGgxxM
Mañá ás 12 miña irmá e eu temos que estar en Po, ten a defensa da súa programación diante do seu tribunal. Vai dar a sopresa nestas oposicións, estou convencida, por moi difícil que sexa… seino. E á noite verbena na Peroxa, que xa van sendo horas…
http://aultrenarai.blogaliza.org
cafepoptorgal said on 7/6/08 2:47 PM …
pues tu ya formas parte de esa familia asi q estas perdidad... aunq no lo sabes eres una nutria mas!!!!
Gracias ayer fue estupenda la pinchada...
muy pronto mas ;)
an_dres12 said on 7/6/08 3:25 PM …
Se o soubese houbera ido á verbena jajaja que mañá libro...
scu said on 7/6/08 4:48 PM …
xa..."nesos días" ten que ser todo maravilloso :-S
quedarte soa en oucity quizais sexa o mellor que poidas facer, e ó final ata lle colleras o gusto (se cadra demasiado xD)
descansa
:-*
winter_soldier said on 7/6/08 5:53 PM …
non farei un dos meus habituais chistes xD
nena_alvisima said on 7/6/08 2:40 PM …
:D
Pásao tan ben na verbena como onte.
Muacs!