Avatar alfredobilas

Baila o friki-friki

Hordas de manifestantes reuniram-se o passado 25, octava feira, para celebrar o Día Internacional do Orgulho Gay-ego/purtugués, ou Día internacional da Toalha.Os manifestantes, nun número superior aos dez e inferior aos quince, portaban un extranho lema, que despóis de consultar (un servidor) os gugles pertinentes, resultou en ser unha tele-serie portuguesa, "Floribella".
Como non me podo, ou debo, meter moito máis con eles por contar con amigos entre a susodita multidao, ou multidom, só desexarlles éxitos e disfrute do seu frikismo luso-textil ben asentado.
Á manifestaçom uníronse Coralia e Maruxa, que o mesmo serven de fondo para un grupo de turistas de Calahorra que para manis importantes coma esta.




On May 28 2008 2 Views



Avatar suniesmail

Suniesmail On 03/06/2008

apunte pedantérrimo... os globinhos esses, antes de chamar-se "bocadillos" e de existirem os "tebeos", chamavam-se "filactérias" na pintura medieval :P


Avatar alfredobilas

Alfredobilas On 02/06/2008

Irma, esos globiños son "bocadillos" (non bocatas) de toda la vida, igual que historieta é historieta e non Banda deseñada, no imaxinario/vocabulario de quen pase dos..trinta e algo?.Serán castellanismos, pero banda deseñada ven do francés "bandée dessiné" (ou así, ortografía aparte), vía portugués, que o colle do francés. E os bocadillos son "balloons" ou globos en inglés, e os portugueses seguro que lle chaman balloons directamente. E as publicacións, antes que comics, eran "cuentos", ou "tebeos" (nome xenérico por extensión do máis coñecido, como chamarlle "minipimer" a todas as batidoras).
Cando eu era pequeno e aforraba para un Asterix ou similar, chamabámoslle "cuentos de 100 pesetas", e seguín chamándoos así cando xa subiran arreo.As "revistas juveniles" semanais (Mortadelo, DDT, Tio Vivo, etc... custaban desde 6 até 12 e 13 pts, na miña etapa de lelos e compralos, unha inflación moi forte!
Ai! como me lías/lío!


Avatar irma_la_dulce

Irma_la_dulce On 02/06/2008

o contexto daquelo era o xa chegou e se dixo bocadillo podes imaxinar por onde me andaba a min a cabeza


Avatar irma_la_dulce

Irma_la_dulce On 02/06/2008

porque aparece un macaquiño cun globo destes estilo comic ao lado do nome do usuario

p.d: que os globiños eses teñen un nome, penso; creo terllo escoitado un día a ma_ta_me (¿bocadillo?), seguro que esou a facer o ridículo...

en fin...


Avatar alfredobilas

Alfredobilas On 02/06/2008

PD: Cómo se sabe quen anda conestado???


Avatar alfredobilas

Alfredobilas On 02/06/2008

Fainos rir, hala...
Estou traballando, coñiiio, ainda que me pase por aquí esporádicamente.
Menos mal que os filmes e recontrafilmes da M.Ledo non me entran na axenda desta semana (sintoo polo parentesco, pero Miss Andión estáme parecendo unha coñaza cinematográfica)
E o da toalla-turbante, nen p. idea.Pergúntalle aos/as teus/as amigos/as lusistas/os...
Sigo ao meu, que teño que debuxar e pintar todos os cadradiños ou manchas dunha xirafa, ja!


Avatar irma_la_dulce

Irma_la_dulce On 02/06/2008

a todo isto, quen coño é o da toalla?


Avatar irma_la_dulce

Irma_la_dulce On 02/06/2008

ajá...
estás conectado, pequeno cabroncete!

;)

VEÑA, ACTUALIZA E FAINOS RIR


Avatar irma_la_dulce

Irma_la_dulce On 02/06/2008

é certo, non me lembraba...

;)


Avatar alfredobilas

Alfredobilas On 02/06/2008

O chourizo é Revilla, pero este creo que se chama "Rivilla", ainda que hai quen lle chama Revilla, tamén.


Avatar alfredobilas

Alfredobilas On 02/06/2008

O chourizo máis popular...na miña época, e coido que nesta tamén.
O Maycar é como o castelo aquel de Nosferatu (a de Murnau), que ao final, tras da morte do vampiro e a chegada do día, quedaba reducido (mediante unhas simples transparencias) a unha ruina. Ao Maycar pásalle igual, despóis das 6 convértese nunha ruina chea de telarañas, cada amencer pasa o mesmo, pero alá polas catro da madrugada, a ilusión do vampiro Paco (que un aquel a Nosferatu teno, ademáis de a Lubitsch) e o seu fidel servidor José Luis fan a miragre nocturna de que pareza outra cousa. En vez de sangue, chuchan cartos.


Avatar irma_la_dulce

Irma_la_dulce On 02/06/2008

o maycar nesa foto parece unha fábrica abandonada de calquer polígono industrial (abandonado)...

o do calcetín penso que é cousa dunha facción da sección lumpen do cineclube (penso que xan e ramiro, para máis sinais)

e como dis que se chaman os chourizos eses???


Avatar alfredobilas

Alfredobilas On 02/06/2008

Bueno, ese señor non é "Míster Calcetín", que ten nome, semellante a un coñecido chourizo industrial, e ex-profesión: xornalista de deportes. E aínda que se me sentou encima, sen reparar na miña presencia ainda unha vez sentado, no mesmo banco da foto, ainda merece un respetiño...
É o único xornalista ao que lembro terlle lido unha crónica dun partido que se ía disputar, e que en realidade xa se xogara meses atrás.E outras anésdotas variadas. Tamén se dí que se despideu (cando o despediron, en realidade) do Correo tirándolle unha máquina de escribir ao director do tal xornal, o que ten o seu mérito (ainda que semella que non acertou).
E outra apreciación: o Maycar iluminado parece unha cutrería total, parece unha casa abandonada (parede despintada, chan noxento, etc..)


Avatar irma_la_dulce

Irma_la_dulce On 31/05/2008

merda! bueno, no fotolog ese xa o has ver...


Show all comments



Tag - Amor
Loading ...