|
close
You will be charged
This gift will be added to your comment for free!
|
||
Pois eu, en verdade, en verdade, conto 11, contando ao Sanmartim, que debe estar detrás do do turbante-toalha. As Marías non as conto, e os paseantes de atrás tampouco. Tamén debemos contar ao/a fotógrafo/a, eso é certo.
O número non importa, o que importa é o tamaño..da toalha (mental).
Bueno, ese señor non é "Míster Calcetín", que ten nome, semellante a un coñecido chourizo industrial, e ex-profesión: xornalista de deportes. E aínda que se me sentou encima, sen reparar na miña presencia ainda unha vez sentado, no mesmo banco da foto, ainda merece un respetiño...
É o único xornalista ao que lembro terlle lido unha crónica dun partido que se ía disputar, e que en realidade xa se xogara meses atrás.E outras anésdotas variadas. Tamén se dí que se despideu (cando o despediron, en realidade) do Correo tirándolle unha máquina de escribir ao director do tal xornal, o que ten o seu mérito (ainda que semella que non acertou).
E outra apreciación: o Maycar iluminado parece unha cutrería total, parece unha casa abandonada (parede despintada, chan noxento, etc..)
o maycar nesa foto parece unha fábrica abandonada de calquer polígono industrial (abandonado)...
o do calcetín penso que é cousa dunha facción da sección lumpen do cineclube (penso que xan e ramiro, para máis sinais)
e como dis que se chaman os chourizos eses???
O chourizo máis popular...na miña época, e coido que nesta tamén.
O Maycar é como o castelo aquel de Nosferatu (a de Murnau), que ao final, tras da morte do vampiro e a chegada do día, quedaba reducido (mediante unhas simples transparencias) a unha ruina. Ao Maycar pásalle igual, despóis das 6 convértese nunha ruina chea de telarañas, cada amencer pasa o mesmo, pero alá polas catro da madrugada, a ilusión do vampiro Paco (que un aquel a Nosferatu teno, ademáis de a Lubitsch) e o seu fidel servidor José Luis fan a miragre nocturna de que pareza outra cousa. En vez de sangue, chuchan cartos.
O chourizo é Revilla, pero este creo que se chama "Rivilla", ainda que hai quen lle chama Revilla, tamén.
Fainos rir, hala...
Estou traballando, coñiiio, ainda que me pase por aquí esporádicamente.
Menos mal que os filmes e recontrafilmes da M.Ledo non me entran na axenda desta semana (sintoo polo parentesco, pero Miss Andión estáme parecendo unha coñaza cinematográfica)
E o da toalla-turbante, nen p. idea.Pergúntalle aos/as teus/as amigos/as lusistas/os...
Sigo ao meu, que teño que debuxar e pintar todos os cadradiños ou manchas dunha xirafa, ja!
porque aparece un macaquiño cun globo destes estilo comic ao lado do nome do usuario
p.d: que os globiños eses teñen un nome, penso; creo terllo escoitado un día a ma_ta_me (¿bocadillo?), seguro que esou a facer o ridículo...
en fin...
o contexto daquelo era o xa chegou e se dixo bocadillo podes imaxinar por onde me andaba a min a cabeza
Irma, esos globiños son "bocadillos" (non bocatas) de toda la vida, igual que historieta é historieta e non Banda deseñada, no imaxinario/vocabulario de quen pase dos..trinta e algo?.Serán castellanismos, pero banda deseñada ven do francés "bandée dessiné" (ou así, ortografía aparte), vía portugués, que o colle do francés. E os bocadillos son "balloons" ou globos en inglés, e os portugueses seguro que lle chaman balloons directamente. E as publicacións, antes que comics, eran "cuentos", ou "tebeos" (nome xenérico por extensión do máis coñecido, como chamarlle "minipimer" a todas as batidoras).
Cando eu era pequeno e aforraba para un Asterix ou similar, chamabámoslle "cuentos de 100 pesetas", e seguín chamándoos así cando xa subiran arreo.As "revistas juveniles" semanais (Mortadelo, DDT, Tio Vivo, etc... custaban desde 6 até 12 e 13 pts, na miña etapa de lelos e compralos, unha inflación moi forte!
Ai! como me lías/lío!
apunte pedantérrimo... os globinhos esses, antes de chamar-se "bocadillos" e de existirem os "tebeos", chamavam-se "filactérias" na pintura medieval :P
To leave a comment, please log in by clicking one of the following
cagondiolo!! As árbores non me deixan ver a fraga.