1/10/07
Antigos testemuñas da arquitectura popular de feira, dende o sèculo XVIII. dan fe da Galiza mais profunda, ao longo da noite dos tempos.
Son unha das mais importantes manifestaciòns dos pobos e a estima pola sùa feira. No centro mesmo geografico desta GAliza nosa, "OS PENDELLOS", de AGolada, en la provincia de Pontevedra, ainda seguen en Pè.
Xose VAzquez Pintor, no seu fermosisimo poemario, ten un adicado a eles, dende o ano 2005. VElai.
Meus xoguetes interiores da infancia pequeniña
de amor e Feira grandes.
Un colo en memoria fordes, tanto mais amigos do silencio
na noite para que a pedra fale.
SExades por sempre a Nosa Voz
na casa das palabras como antes.
Mamposteria e granito tallados sen luxos. Madeira anella e tellas feitas nas areas do Ulla.
Humildes materiais para os cabazos e alpendres que conforman un dos conxuntos mais autenticos. Mercado ùnico e incomparable, cheo da istoria dos seus. Sorrisos e bàgoas que brotan como as augas do Arnego, o Pambre e o Ulla, das entrañas mesmas da terra, aos pès do Monte Farelo, cùmio elevado, sempre e por sempre, dos vals e terras, dono e señor.Sementada da sangue, corpos e almas da boa xente que habita e morre nesta Agolada nosa, mais alà da noite dos tempos onde se perden para sempre a memoria e a saudade.OS PENDELLOS nosos da anima.
Angel Utrera