Finalmente gran afluencia onte a ExpoCoruña para ver ao YANN TIERSEN. Ante un público ben variado en idades, apariencias e gustos, desfrutamos dun bo son, a pesar das dúbidas que espertaba a parte do recinto onde tería lugar. Foi unha proposta claramente claramente rock e principalmente instrumental, que tivo os seus variados momentos (o violín, o corpo que daba a teclista cos seus efectos, algunha peza máis rudidosa, outra lindando co rock duro...), mais non foi para tirar bombas. Se cadra, careceu de máis conexión co público e foi irregular. Porén, algo máis dunha hora que pasou lixeira a pesar de moitos asistentes pelmazos que fan de todo menos atender.Disque ten que haber de todo ... Iso si, quen ían coa limitada idea de veren o compositor do vals de Amelie, coido que tiveron que ser reiniciados en parte do seu disco duro.
imaxes do concerto
http://www.facebook.com/album.php?aid=18831&id=1617233727&l=f6bb786b31axenda
Festival Música na Noite. Calo, Teo:
-venres 3 Ruxe Ruxe, GalegoZ, Medomedá e
-sábado 4 Fía na Roca, Leilía Band, Alvariza
FM Music Festival en Malpica de Bergantiños:
-venres 3: 6 PM + Combo Dinamo + O Raio Púrpura + Roi + Juan Miragaya
-sábado 4: Eco + Lula + Pülsar + Bang 74 + Colectivo Oruga
sábado 4
- ciclo de Músicas Portuarias, en Ferrol: 18h Paseo en barco con música ao vivo ; 21:30h Concerto de FRED MARTINS no Teatro Jofre. 10 €
-Festival do Río Castro, Naraío (San Sadurniño): Berros do Castro + Pesdelán + Os Tres Trebóns + Ulträqäns
-Mostra das Cuturas'09, no Parque da Cachada, en Borio desde as 22h:GalegoZ + Pirat´s sound sistema + Taru e os paxaros coiro + Chamalle Xis. Tamén no Parque da Cachada ao remate dos concertos na "Cachada" continuará a festa en Aturuxo!!
- XIV edición do Asalto ao castelo en Vimianzo, Terra de Soneira: Son + Ophiusa + The Turre's Band. Haberá zona de acampada, carpa, servizo de cocinha e actividades para os pequenos, a entrada é de balde.
...
e máis:
martes 7
SLIPKNOT + Machine Head 19 h Santiago DC, Multiusos Fontes Do Sar
xoves 9
J.J. MILTEAU Teatro Colón da Coruña. 15 €. 20:30 h. entradas en
http://www.caixagalicia.comvenres 10
SOULFLY + DISMAL 22hs SALA A! Vigo. 19 €.
http://www.laboleteria.esradio@abretedeorellas.com
http://www.abretedeorellas.comPlanta de Gas, fóra da Ría (de Ferrol)
Polo galego, nin un paso atrás
Inveja!